Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS desaproveitou a vantaxe da primeira parte ante o forte Puertollano FS 3-2

Nota de prensa

O BURELA DESAPROVEITA A VANTAXE DA PRIMEIRA PARTE EN PUERTOLLANO (3-2)

O Antonio Rivilla resistiuse de novo ao bo xogo laranxa. O Burela FS desaproveitou a vantaxe da primeira parte e viu escapar os tres puntos ante o forte Puertollano FS (3-2).

A superioridade burelista deixouse ver dende os momentos iniciais. Dende media pista, Minu abriu o marcador xa no 6, combinando intensidade e presión cunha férrea liña defensiva ata a chegada do descanso.

No segundo período, os castelano-manchegos aproveitaron seis minutos de desconcerto visitante. Primeiro Robert (22) e despois Fer (24) e Merino (28) conseguiron darlle a volta ao electrónico. Nos compases finais os mariñáns pelexaron por volver meterse no partido ameazando con porteiro-xogador; Purao reduciu as distancias no minuto 38, pero non houbo tempo para máis.

Os laranxas gozarán da xornada de descanso e recuperarán forzas dende a quinta praza. O Burela FS está empatado a puntos co Maristas Valencia (24), que é cuarto tras a vitoria en Eivissa (2-3); por detrás sitúanse o BP Andorra (20), que vén de golear o FC Barcelona B (8-0); Unión África Ceutí (18), que se impuxo ao Fuconsa Jaén (4-3); e Lanzarote Tías Yaiza (17), que empatou co líder, Colegios Arenas Gáldar, en goleada (9-9).

Ficha Puertollano-Burela FS

Partido pertencente á 12ª xornada da tempada 2010/2011.
CD Puertollano
8 Vitorias | 2 Empates | 1 Derrotas
Puntos acumulados: 26     3
CD Burela FS
7 Vitorias | 3 Empates | 2 Derrotas
Puntos acumulados: 24     2
Cancha de xogo: Polideportivo Antonio Rivilla
Data: Martes, 9 de Noviembre de 2010
Hora de inicio: 20.30 horas
Corpo arbitral
Jiménez Guareño
Moreno Culebras
Alineacións
CD Puertollano
1
David García Vigara
Vigara
4
Roberto Suvirón García
Robert
5
Juan Ignacio Werner Rodil
Werner
9
Álvaro Párraga Martínez
Párraga
14
Fernando Ballester Paris
Fer
6
José Contreras
Contreras
8
Carlos Martínez Oviedo
Carlos
10
David Duque González
Nano
11
Enrique Serrano Antolín
Kikillo
12
Alberto Merino Cuervo
Merino
Adestrador:
David Ramos Barragán

CD Burela FS
1
Eduardo Saavedra Cebreiro
Edu
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
5
Anderson de Almeida Gomes
Purao
8
Juan Manuel Marrube Rodríguez
Juanma
21
Adriá Esteller Cortina
Adriá Esteller
7
David Richarte León
Paleta
11
Christian Palmeiro Chao
Christian
14
Adrián Gaona Martín
Adri
27
Antonio Minuesa Durán
Minu
Adestrador:
Jesús Rey González
O partido minuto a minuto
Gol     0 – 1 Min. 6     |   Minu

Gol     1 – 1 Min. 22     |   Robert

Gol     2 – 1 Min. 24     |   Fer

Gol     3 – 1 Min. 28     |   Merino

Gol     3 – 2 Min. 38     |   Purao

Exit mobile version