Site icon Crónica3.com A Mariña

O C. B. Xove e o C.B. Celtas-Primera calidad saíron derrotados nas súas visitas a Vigo e Coruña

Crónica: M.F.O

(foto: Miguel Fraga)

O C. B. Xove non foi capaz de gañar na pista de C. B. Vigo AM, líder da competición, e caeu por 74 puntos a 57. Con esta derrota o Xove queda con 3 vitorias na zona media da táboa. Na próxima xornada recibirá ao Gayolo Begacar.
O C. B. Celtas-Primera Calidad sufriu un doloroso correctivo na súa primeira derrota por 67 puntos a 36. O Preciosport.com coruñés superou en tódalas facetas aos focenses que so nos primeiros minutos lle puideron facer fronte. Tras este resultado o Celtas baixa ata a cuarta posición e para a seguinte xornada repite como visitante na súa visita a Culleredo.

Exit mobile version