Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS congregou a todos os seus xogadores e xogadoras para a foto de familia

Nota de prensa
O CD BURELA FS REÚNESE NA TRADICIONAL FOTO DE FAMILIA

O CD Burela FS congregou hai uns días a todos os seus xogadores e xogadoras para a tradicional cita da axenda laranxa, a foto de familia.

Pode ampliar a foto pulsando sobre ela

Vista Alegre acolleu a xeracións e xeracións de deportistas, dende prebenxamín ata sénior, nunha reunión na que tamén participaron directivos e corpos técnicos. Máis de 200 caras protagonizaron a instantánea da gran familia laranxa 2010-11 entre xogadores/as, técnicos/as, delegados/as, persoal médico…

Esta é a cuarta tempada da entidade laranxa xestionando a solicitada escola deportiva de fútbol sala, en colaboración co Concello de Burela e cun importante apoio do sector privado. Máis de 160 pequenos/as futbolistas da Mariña, entre os 10 equipos das escolas e os 2 da base do club, adestran baixo as ensinanzas do CD Burela FS.

Un exercicio máis a gran familia burelista e as instantáneas de todas as súas categorías volverán felicitar o ano co Calendario Laranxa.

Exit mobile version