Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Turismo valora positivamente a presenza Burela en Expogalaecia

NOTA DE PRENSA

GONZÁLEZ LEGAZPI FAI UNHA VALORACIÓN POSITIVA DA PRESENZA DE BURELA EN EXPOGALAECIA 2010. O CONCELLEIRO DE TURISMO ASEGURA QUE O STAND DO CONCELLO FOI UN DOS MÁIS VISITADOS NA FEIRA CELEBRADA EN VIGO DO 29 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO.

Burela, 2 de novembro de 2010. O Concello de Burela fai unha valoración positiva da súa presenza na décimo terceira edición de Expogalaecia 2010, que tivo lugar en Vigo do 29 de outubro ao 1 de novembro. O stand de Burela foi un dos máis visitados da feira, segundo o concelleiro de Turismo, José González Legazpi.

O edil nacionalista explica que “pasaron por Expogalaecia preto de 55.000 persoas centrándose as potencialidades mais significativas no ecoturismo e na sostibilidade, na búsqueda da convivencia entre os visitantes e os destinos, téndose por tanto incrementado a participación respecto do pasado ano, e mesmo algo superada a cifra de negocio prevista. Atopámonos por tanto diante dun certame turístico dos máis importantes de España, de tal xeito que a presenza no mesmo do noso Concello representa potencialidade turística e gastronómica, porque valoriza os nosos recursos, posibilita capacidade de retorno e potencia a Burela como destino turístico de referencia na nosa comarca”.

González Legazpi engade que “o Concello de Burela estivo en ExpoGalaecia 2010 próximo a Xunta de Castela e León que promocionaba os 1.100 anos da creación do Reino de León e o Camiño de Santiago, e mesmo do Museo da Evolución Humana de Burgos e de moitos outros países, comunidades, concellos e institucións. O stand de Burela foi un dos máis visitados dentro deste certame, donde se interesaban polos nosos recursos e mesmo polos da nosa comarca de A Mariña e manifestaban igualmente curiosidade polos nosos espazos de natureza, historia e gastronomía, o que representa por tanto unha valoración positiva para o Concello de Burela”.

O concelleiro de Turismo considera que “o turismo representa cerca do 12% do PIB e algo máis  do 10% da ocupación asalariada de Galicia, por tanto significa unha parte importante da economía dos concellos, e dende estas consideracións o Concello de Burela está a realizar un importante esforzo cara a nosa potenciación como destino turístico dentro da nosa comarca, o que xa estamos a percibir de acordo cos parámetros que se teñen dado neste pasado verán e que reflicten un incremento importante na afluencia de visitantes a Burela, o que sen dúbida representa positividade para o desenvolvemento da actividade local e unha valorización  xeral  da socioeconomía”.

Exit mobile version