Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP alédase polo acordo entre a Xunta e a Cerámica de Sargadelos para asinar un convenio de apoio á actividade industrial

Nota de prensa:

O Secretario do Parlamento de Galicia valora a boa nova

BALSEIRO CONGRATULASE POLO ACORDO ACADADO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A CERÁMICA DE SARGADELOS QUE POSIBILITARÁ O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO

• O deputado significa que se implicou desde o primeiro momento para que este acordo dera o seu froito e reclamou que rectificasen publicamente os que “pediron que me apartara e aseguraban que era un mal mediador”

Santiago, 18 de novembro de 2010.- O Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia e deputado autonómico Jose Manuel Balseiro Orol congratulouse polo acordo acadado entre a Xunta de Galicia e a empresa Cerámica de Sargadelos para a sinatura dun convenio de apoio á actividade industrial desta compañía de significada importancia en Galicia.

“Unha vez máis a Xunta e o Goberno galego do Partido Popular estivo á altura das circunstancias e posibilita un acordo servirá de garantía para que a compañía abra novos mercados”- explicou Balseiro Orol tras participar na xuntanza e posterior rolda de prensa ofrecida hoxe polo Conselleiro de Economía e Industria, responsables de Cerámica de Sargadelos e o Alcalde de Cervo. “A cambio a empresa Cerámica de Sargadelos comprométese a manter os actuais postos de traballo”

Jose Manuel Balseiro sinalou que desde o primeiro momento se implicou nas negociacións que hoxe fructificaron e explicou que tanto a Xunta de Galicia como o seu Presidente asumiron a importancia de preservar os postos de traballo e evitar polo tanto os efectos perniciosos do ERE extintivo. “Sempre traballei sen enganar a ninguén, nin aos traballadores, nin aos veciños, nin á empresa. Coa verdade por diante e para que o acordo puidera chegar a bo porto”

Finalmente o Secretario da Cámara galega instou a “aqueles que dicían que era un mal mediador, de cara á administración autonómica e de cara á empresa, a que agora rectifiquen publicamente e actúen con decencia pedindo disculpas”.

Exit mobile version