Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP califica de “desproporcionado e inxustificable” o nivel de endebedamento da Deputación

Nota de prensa

En tres anos o bipartito multiplicou por dez a débeda da Deputación

* O GPPP recalca que este “desproporcionado e inxustificable” nivel de endebedamento non se adica a xerar riqueza nin a favorecer o desenvolvemento da provincia e advirte de que condicionará o futuro da institución

Lugo, a 4 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular alerta de que a Deputación pechará este ano cunha débeda de 63.694.174 euros. “O goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro non só será lembrado por ser o máis caro da historia da institución, tamén por ser o responsable de hipotecar o seu futuro, xa que en só un trienio suscribiu préstamos por importe de 57,6 millóns de euros”, sentenciaron os populares.

Dende o GPPP salientan que os responsables da administración provincial actúan a contracorrente do que recomenda a coxuntura económica actual e fan oídos xordos ás recomendacións que todos os organismos económicos nacionais e internacionais propugnan: na vez de aplicar un plan de austeridade real e fuxir do endebedamento, optan por todo o contrario. “O incremento paulatino da débeda que pesa sobre a institución provincial foi unha constante nestes tres anos de goberno. Ata chegar ó punto de multiplicala por 9,5 con respecto ó ano 2007, o que equivale a dicir que cada lucense terá que aportar 180 euros para que poida pagarse”, recalcan.

Insisten os populares en que este “desproporcionado e inxustificable” nivel de endebedamento, que non se adica a xerar riqueza nin a favorecer o desenvolvemento da provincia, condicionará o futuro da institución. “O bipartito provincial non se preocupa polo asegurar un bo porvir a todos os veciños de Lugo, por ampliar e mellorar servizos, por construir infraestructuras que vertebren a provincia nin por conservar en estado óptimo as existentes; gobernan en clave partidista e antepoñendo sempre o interese electoral ó xeral, despilfarran os cartos de todos en autobombo e en campañas de imaxe que non aportan ningún beneficio o conxunto da provincia nin os seus habitantes”, aseveran.

Exit mobile version