Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela celebra unha ronda de reunións con veciños de distintos barrios

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA

O PP reúnese mañán, venres, con veciños do Campón.

Os populares recollerán queixas e suxerencias sobre o barrio.

O PP burelés manterá mañán, venres, a partires das oito da tarde, e no Mesón do Poeta, unha reunión com veciñas e veciños do barrio de O Campón, co fin de coñecer as queixas e suxerencias que teñen, sobre o seu barrio, os habitantes do mesmo, e tamén sobre o conxunto da vida municipal.

Os populares, que fan habitualmente unha serie de reunións coa veciñanza por distintos barrios da vila, son conscientes do dinamismo da zona O Campón, pero tamén entenden que existen problemas que hai que resolver e que non se teñen abordado de forma decidida por parte do bipartito local. Por eso plantexan esta reunión, co fin de escoitar ós veciños, e tentar de buscar solucións ós problemas que se plantexen.

Para a semana próxima, o PP celebrará unha reunión no barrio da Vila do Medio.

Exit mobile version