Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela denuncia abandono na sinalización informativa e di que o alcalde metese coa Xunta

NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA

O GMPP: “o alcalde métese coa Xunta, pero non resolve as cousas do día a día”.

Os populares denuncian o deterioro da sinalización informativa existente nas ruas de Burela.

Consideran que as políticas turística e medioambiental “son nulas”.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela denunciou hoxe o abandono máis absoluto da sinalización informativa que existe nas rúas da vila. Os populares puxeron como mostra un indicador que leva no chan varios días na Avenida Arcadio Pardiñas, á altura do número 169, como se pode comprobar na foto, sen que desde o concello se faiga nada xa non por colocalo, que parece cousa imposible para o bipartito, senón simplemente por retiralo.

Os populares lembran que toda a sinalización informativa e turística que hai nas rúas de Burela foi colocada durante o goberno municipal do PP. Agora, moita desa sinalización está deteriorada e non se arranxa, como pode comprobarse dando unha volta por Burela: sináis rotas, descolocadas, etc., provocan que a imaxe que se dá sexa lamentable, xunto coa colocación de cartéis anunciadores en báculos do alumiado público. Mesmo algunha das novas farolas xa está deteriorada, e non é nada raro atopar cartéis anunciadores pegados ós contenedores. Semella que a imaxe turística de Burela se queda reducida á presencia nas feiras, e a política medioambiental sinxelamente non existe. Non hai nin política turística nin mebioambiental, son nulas, non existen.

Este é un exemplo máis da desidia do alcalde e do bipartito. Adícanse solamente á propaganda, ó autobombo, e a meterse coa Xunta. Pero os problemas do día a día, os que temos que sufrir todos os cidadáns desta vila, están sen resolver, ou se resolven con retraso de meses.

Exit mobile version