Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pedirá que se retiren os postes primitivos do alumiado público dos Castros

Nota de prensa
Os populares pedirán que se retiren os postes primitivos do alumiado público dos Castros.

O PP, satisfeito coas reunións celebradas con veciños.

Na próxima semana, continuará as conversas con asociacións.

O Partido Popular (PP) burelés vén de rematar no día de onte, mércores, a primeira ronda de reunións con veciños en distintos lugares de Burela. Se o martes se reunían con veciños da Rúa do Río, onte facíano na zona de Os Castros, nos dous casos con mui boa asistencia de veciños e veciñas das zonas de referencia.

Nos Castros, o PP recolleu o sentir da cidadanía contrario á existencia da pequena rotonda actual, que segundo os asistentes non resolve nada e entorpece moito. Os populares lembran que xa pediron hai un ano a súa retirada, pero o bipartito negouse; ainda así e todo, volverán a solicitar a súa retirada. Igualmente, os concelleiros do PP solicitarán a retirada dos postes primitivos do alumiado público, de formigón, que foran substituidos durante o mandato do PP polos actuais. Para os populares, resulta sorprendente que en tres anos e medio o bipartito non fixera absolutamente nada na zona de Os Castros, e o que fixo foi para estorbar, a rotonda.

Na vindeira semana, o PP continuará as conversas con asociacións, e posteriormente volverá a comenzar unha ronda de reunións con veciños en máis lugares de Burela. A valoración dos populares é mui satisfactoria, porque estas conversas serviron para explicar o traballo do grupo municipal, facer unha valoración da actuación do alcalde e do bipartito e recoller as iniciativas da cidadanía.

En Burela, a dezaoito de novembro de dous mil dez.

Exit mobile version