Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de reuniuse coa asociación de discapacitados “Virxe do Carme de Foz”

Nota de prensa:
INICIANSE OS TRAMITES PARA QUE A ASOCIACION DE “DISCAPACITADOS VIRXE DO CARME DE FOZ” PODA DISPOR DUN LOCAL PROPIO PARA O DESENROLO DAS SÚAS ACTIVIDADES

O Candidato popular a Alcaldía de Foz Javier Castiñeira, e os populares focenses reuníronse o mércores dia 17 de Novembro coa “Asociación de Discapacitados Virxe de Do Carme de Foz” e coa Secretaria Xeral de Familia e Benestar Susana López Abella máis o deputado Autonómico Xosé Manuel Balseiro, para abordar a cesión dun local para a citada asociación nas instalacións que a consellería dispón na casa do mar da Localidade.

O directivos da asociación e algúns pais dos rapaces, en días previos plantearon ao candidato a necesidade de dispor dun local propio para a poder realizar as súas actividades, posto que dende o concello so lles poden facilitar usar a sala de usos múltiples do centro social dúas horas diarias coa atención do técnico contratado, ademais tratase dunha sala compartida con outros grupos, que non se adapta as esixencias tan especiais desta asociación.

A Valoración da reunión por parte dos participantes foi moi positiva a parte de conmovedora i emotiva, posto que os pais estiveron vendo o local, que actualmente está usando a consellería de Traballo e Benestar para exposicións e como sala de reunións xerais, e encáixalles perfectamente, cualificárono como ideal para manter a independencia necesaria que estes rapaces do pobo necesitan, posteriormente a Secretaria Xral Susana López e Xosé Manuel Balseiro, confirmaron que proximamente pasarán a ver o local os técnicos da consellería e así informar positivamente da cesión do Local a “Asociación de Discapacitados Virxe Do Carmen” de Foz.

Ademais Javier Castiñeira, brindouse a facer de punto de unión para que a consellería poda asesorar directamente ou por mediación das federacións existentes aos pais da Asociación, posto que unha vez dispoñan do local, poderán optar a moitas máis axudas das que actualmente dispoñen.

Según as impresión dos pais, a independencia que este local lles daría animaría incluso ao resto de discapacitados da localidade, que non están en idade escolar, ao redor duns 40, a apuntarse e participar nas actividades cos demais rapaces da asociación, xa que o local esta en planta baixa, dispón de rampa de acceso para minusválidos, e baños adaptados, ten uns 100 metros de superficie e será ideal para efectuar máis talleres e actividades sen depender de outros grupos, tal e como está a suceder actualmente na sala de usos múltiples na 4ª planta do centro Social, onde dependen do ascensor do centro.

Javier Castiñeira opina que dende o Partido Popular de Foz se está a traballar intensamente, codo a codo coas administracións para que os focenses, e neste caso en concreto, este tipo de Asociacións tan importantes, podan saír a diante, e participar en mellorar, con estas xestións, os servizos sociais dos que se dispón na actualidade a localidade mariñán, posto que a asociación viña reivindicando un local dende hai varios anos, incluso cando o BNG gobernaba a citada consellería.

Exit mobile version