Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que a Deputación insta a Fomento a cumprir a licitación dos orzamentos do Pacto do Obradoiro

Nota de prensa:

O GPPP quere que a Deputación inste a Fomento a que cumplir as licitacións fixadas para este ano no Pacto do Obradoiro

Lugo, a 28 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno do vindeiro martes unha moción na que propón que a Deputación inste ó Ministerio de Fomento a licitar as cantidades orzamentarias que restan para dar cumprimento ós acordos comprometidos no Pacto do Obradoiro.

Os populares fan constar na súa proposta que o Ministerio de Fomento comprometeuse coa Xunta de Galicia o 21 de xullo de 2009, no que se coñece como Pacto do Obradoiro, a que o conxunto da liña de Alta Velocidade ferroviaria en Galicia estivese en servizo a finais do ano 2015, para o que se establecía un calendario concreto de actuacións. Este calendario concretaba licitacións de obras para o presente ano por valor de 3.362 millóns de euros. Sen embargo ata o de agora, salientan os populares, as cantidades licitadas por Fomento ascenden únicamente a 114 millóns de euros.

Exit mobile version