Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP rexeitou o plan de actuación da Fundación TIC

Nota de prensa

O GPPP rexeitou o Plan de actuación da Fundación TIC

Lugo, a 11 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular rexeitou o Plan de actuación da Fundación TIC para o vindeiro ano, no que se inclúen tamén os orzamentos, ó considerar que na escola de imaxe e son, ademais de “estarse a desvirtuar o seu componente formativo”, que supoñía o fin primordial para o que foi concebida, está a ser obxecto dun “estricto” control político.

José María González Barcia, representante do Partido Popular la padroado da Fundación, salientou que “hai un desmedido e inxustificado” incremento da plantilla da productora. A este respecto indicou que máis do 50 por cento do orzamento previsto para o vindeiro ano adícase ó capítulo de persoal e que “a metade desta metade é para o persoal da productora”.

Asimesmo, puxo de manifesto que o investimento realizado durante estes tres anos e medio polo goberno provincial, fundamentalmente no que atinxe á dotación de equipamento tecnolóxico, débese á planificación deixada polo anterior equipo de goberno.

“José Ramón Gómez Besteiro puxo a TIC ó seu servizo persoal, coma se dun gabinete de imaxe se tratara, aínda que coa salvedade importante de que os gastos derivados desta campaña de autopromoción corre a cargo de todos os lucenses”.

Barcia fixo constar ademais que o plan de actuación exposto é “idéntico” ó do pasado ano, o que denota que non se cumpliu ningún dos obxectivos previstos e que adolece de “falta de detalle”.

Exit mobile version