Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Xunta di que o 40% dos tramos da VAC da Costa Norte están en obras ou en expropiación

FONTE

Feijóo sitúa a VAC Costa Norte como mostra do compromiso da Xunta coa vertebración territorial

*       Anuncia o inicio dos trámites de expropiación para a execución do subtreito da vía de altas prestacións (VAP) da Costa Norte, comprendido entre A Sanguiñeira e As Felgosas, que abrangue 7,8 quilómetros e conta con 52 millóns de euros de investimento
*      Resalta que, deste xeito, se cumpre co compromiso de priorizar esta infraestrutura, acadando o obxectivo de que “o 40% dos tramos estean en obras ou en expropiación neste ano 2010”

Santiago, 11 de novembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou hoxe que infraestruturas como a VAC da Costa Norte, a vía que dará acceso ao novo hospital de Pontevedra e os plans de transporte metropolitano en cidades como Santiago son mostra do compromiso do Goberno galego coa vertebración territorial e coa mellora da competitividade do noso territorio.

Mellores accesos ás vías de alta capacidade

Por outra banda, o presidente da Xunta anunciou o inicio dos trámites de expropiación para a execución do subtreito da vía de altas prestacións (VAC) da Costa Norte, comprendido entre A Sanguiñeira e As Felgosas. “Trátase dun treito que prosegue a variante de Ortigueira que está en execución entre A Sanguiñeira e As Felgosas. 7,8 Km e 52 millóns de euros, para proseguir o enlace de toda a costa norte de Galicia entre Ferrol e A Mariña lucense”, explicou.

Neste sentido, Núñez Feijóo resaltou que deste xeito se cumpre co compromiso de priorizar esta infraestrutura, acadando o obxectivo de que “o 40% dos tramos estean en obras ou en expropiación neste ano 2010”.

“Da variante de Ortigueira –proseguiu- tense executado o 65%; o 18% lévase executado entre Celeiro e San Cibrao. En total, a porcentaxe de execución da Costa Norte é dun 21,52%. Entre as execucións do 21,52% e as expropiacións nos dan un total do 40% no ano 2010”, indicou.

Así mesmo, o titular do Executivo autonómico sinalou que nos orzamentos do 2011 destinaranse a esta vía “máis de 21 millóns de euro, un 23% máis que nos orzamentos do ano 2010, co obxectivo de “desatascar as grandes infraestruturas que melloran a competitividade do noso territorio, e que melloran a súa vertebración desde o punto de vista do acceso da poboación ás vías de alta capacidade”.

Para concluír, Feijóo lembrou que se están a desenvolver traballos en catro vías desa zona: “A autovía do Cantábrico, que segue en obras; a autovía de Vilalba, que a Xunta de Galicia rematou e puxo a disposición desde o mes de febreiro do ano 2010; a vía de alta capacidade entre Ferrol e Cervo, competencia da Xunta de Galicia e que está en proceso de execución ou en obras o 40%; e a vía de alta capacidade de Ribadeo a Cervo, con competencia do Goberno de España, que está paralizada dende hai máis de cinco anos”

Exit mobile version