Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo programaou cinco obradoiros para o mes de novembro

Nota de prensa

O telecentro en novembro

Ribadeo, 2 de novembro de 2010.  O Telecentro do Concello de Ribadeo levará a cabo cinco obradoiros durante o mes de novembro. Neste tempo continuará o obradoiro de Iniciación á informática posto en marcha dende o pasado 17 de setembro cos membros da Asociación A Mariña de Ribadeo e que terá lugar todos os venres do mes, do 5 ao 26 de novembro, en horario de 11:30 a 12:30 da mañá. Asemade, dende o 27 de outubro e ata o 3  de novembro, seguirá o obradoiro de Busca de emprego a través de internet cos participantes dun módulo de albanelería.

E desde o 8 ao 30 de novembro terán lugar tres obradoiros dirixidos á poboación en xeral, que serán: Procesador de textos Writer do 8 ao 18 de novembro en horario de 11:00 a 12:00 e Iniciación á informática do 22 ao 30 de novembro en dous grupos, de 11 a 12 pola mañá e de 19 a 20 horas pola tarde.

Para solicitar máis información sobre as estas actividades os interesados poden dirixirse ao Telecentro de Ribadeo –Casa da Xuventude-, sito na Rúa Antonio Otero, nº 15, chamar ao teléfono 982.120.732, ou enviar un correo electrónico ao enderezo telecentroribadeo@gmail.com

O rexedor subliñou que “en relación coa poboación que ten Ribadeo e dos usuarios o noso Telecentro é o que máis usuarios ten de toda Galicia e isto convídanos a continuar con todas estas actuacións que vimos realizando desde hai anos para ir rompendo esta fenda dixital que en moita xente aínda se da, sobre todo naquela que non puido ter acceso no seu proceso educativo ás novas tecnoloxías da información e da comunicación. Todos están a dar un exemplo auténtico de cómo se están a involucrar e de cómo están a aprender día a día a manexar as ferramentas das novas tecnoloxías deste magnífico telecentro municipal”.

Exit mobile version