Site icon Crónica3.com A Mariña

Persoal da limpeza no Hospital da Costa de Burela reclama o pagamento do grado da carreira profesional

Nota de prensa

As traballadoras e traballadores da limpeza no Hospital da Costa de Burela concéntranse polo pagamento do 3º grado da carreira profesional.

Esta mobilización enmarcase dentro das que os sindicatos maioritarios no sector convocaron para hoxe no conxunto do país, e vai dirixida ás empresas, neste caso SAMYL,S.L, que se negan a pagar este grado da carreira profesional. Cómpre lembrar que neste sector existe equiparación salarial co Grupo E do Sergas polo que os complementos que lle correspondan a este grupo, neste caso este complemento ligado á antigüidade, tamén atinxen ao persoal de limpeza. De feito o 1º e 2º grado estanse aboando con total normalidade. Co 3º grado o problema radica en que o Sergas ten paralizada neste momento a Carreira profesional polo que aínda que haxa traballadoras ou traballadores que polos anos traballados xa lles correspondera o 4º grado seguen percibindo o 3º. Pero as empresas de limpeza empregaron esta paralización
para non pagar xa o 3º.

Exit mobile version