Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira derrota en Foz do C. B. Celtas-Primera Calidad por 35 a 56

(foto: Miguel Fraga)

FOZ (M.F.O.) .- Os focenses non lograron plantarlle cara ao C. B. A. da Coruña nun partido no que so anotaron 35 puntos. A carencia ofensiva estalle a pasar factura os mariñáns que levan tres xornadas sen coñecer a vitoria. O partido non tivo moita historia pois ao descanso o marcador xa reflectía un pobre 13 a 26. O terceiro cuarto foi mais do mesmo pero nos últimos dez minutos os ataque reaccionaron para maquillar un pouco o marcador.
A próxima xornada os focenses viaxaran ata Arteixo para enfrontarse ao líder da competición. Polo Celtas xogaron: Adrián (2), Humberto (7), Miguel (5), Piñón (15), Ángel (6), Eduardo, Manuel, Javi e Sebas.

Exit mobile version