Site icon Crónica3.com A Mariña

Riotorto celebrou as VII Xornadas Micolóxicas e o Mercado de Outono

Notas de prensa

A Asociación Cultural Arrincadeira, en colaboración co Concello de Riotorto, organizou as VII Xornadas Micolóxicas, coincidindo coa celebración do Mercado de Outono. Desta volta contamos coa axuda do mugardés José Luis Cuba Crespo, experto micólogo e oito veces gañador do concurso de cestas de cogumelos da feira das Pontes. A saída á procura dos cogumelos foi o sábado día 13, ás 9 da mañá, desde a Praza das Rodrigas. Logo dunha clasificación fíxose unha exposición cos exemplares atopados. O domingo houbo degustación dos cogumelos, en diferentes elaboracións, no marco do Mercado de Outono que se celebrou nas Rodrigas.

Mercado de Outono
O pasado domingo, día 14 de novembro, celbrouse en Riotorto o Mercado de Outono. Este ano, como novidade, houbo unha degustación de produtos de comercio xusto e ecolóxicos, organizada pola tenda de comercio xusto A Cova da Terra, xunto coa Asociación Arrincadeira. Foi entre as 12.00 e as 13.00 horas, no posto que A Cova da Terra tivo instalado na feira. Alí, os asistentes poideron probar chocolate, puré de cabaza, queixo e moitos outros produtos.

Exit mobile version