Site icon Crónica3.com A Mariña

Un alumno do IES Perdouro de Burela gañou o concurso de carteis da asociación A Sombriza de San Cibrao

Nota de prensa

25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

JUAN MARIO LAWICKI ARAGÓN, DO IES PERDOURO DE BURELA GANA O CONCURSO DE CARTEIS “MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” ORGANIZADO POLA SOMBRIZA

Fagmento do cartel ganador do concurso de A Sombriza

A Mariña 25 de novembro de 2010.- Juan Mario Lawicki Aragón, estudante de primeiro de bacharelato  do IES Perdouro de Burela é o ganador do Concurso de Carteis “Móvete contra a violencia de xénero”  organizado pola asociación A Sombriza con motivo do día internacional de loita contra esta lacra da violencia machista.
O cartel ganador describe, en branco e negro, a imaxe dunha muller chorando dentro dun espazo pechado. O autor indica que as mulleres que sofren violencia son as únicas que poden dar o paso para saír e salvarse e anima ao  apoio da sociedade ás vítimas.
O premiado recibirá un REPRODUCTOR DE DVD PORTATIL. Así mesmo, a obra gañadora ilustrará os carteis e/ou folletos que se editen con motivo do 25 de Novembro do ano 2011 e serán distribuídos entre os distintos concellos e institutos da Mariña.
Nesta ocasión –o segundo ano que A Sombriza organiza este concurso- foron máis de 67 as láminas recibidas para participar en concurso procedentes dos distintos  institutos da Mariña lucense, de xeito destacado, Ribadeo, Burela e Mondoñedo.
A Sombriza pretende concienciar e sensibilizar á sociedade da Mariña e, de xeito destacado, ás xeracións máis novas,  para que se comprometan na erradicación da violencia machista

Exit mobile version