Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove organiza varias actividades para a xuventude como un obradoiro de DJ

Nota de prensa:

OBRADOIRO DE “DJ”

O xoves 11 e o venres 12 de novembro, en horario de 17:00 a 19:00 horas, vai ter lugar na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX) un OBRADOIRO DE “DJ”, dirixido a rapaces/as maiores de 12 anos, no que terán a oportunidade de coñecer os diferentes aparellos empregados polos “DJ”, así como aprender a seleccionar, reproducir e mezclar música. Esta actividade está organizada pola OMIX, entidade dependente da Concellería de Servizos Sociais, Muller e Xuventude.

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA “INVERNÍZATE CON NÓS”

Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove infórmase do prazo para anotarse ao proxecto da Xunta de Galicia “INVERNÍZATE CON NÓS”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se desenvolverá no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo – A Coruña) durante a tempada de outono e inverno.

Neste Programa poderán participar rapaces/as que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude. As solicitudes deben entregarse na OMIX do Concello de Xove, onde se dará unha información máis detallada do Programa.

Exit mobile version