Site icon Crónica3.com A Mariña

A audiencia de Lugo admite en parte a demanda do Concello de Foz sobre a SGAE

Nota de prensa

SENTENCIA SOBRE SGAE

O Concello de Foz recibiu hoxe mesmo unha sentencia da Audiencia Provincial de Lugo Secc.  1 onde 3 maxistrados redactaron unha sentencia que admite en parte a demanda do Concello de Foz sobre a SGAE, onde esta sociedade de autores reclamaba ao Concello de Foz 102.739,30€ incrementado co interese legal do diñeiro desde a imposición legal da demanda.

O Concello de Foz manifestou na súa defensa que había uns informes de intervención e secretaría que claramente certificaban o que o Concello encargou en festas, concertos,… pero que non estaban de acordo o que encargaran outras asociacións. Polo que a Audiencia Provincial dalle a razón ao Concello nestes termos e manifesta que o Concello só é responsable do que el encargou, polo que calculamos que o Concello de Foz aproximadamente terá que aportar un tercio da cantidade que a SGAE reclamaba. E básase a sentencia en que hai informes emitidos por intervención municipal en relación coas actuacións aboadas polo Concello e certificación do secretario, co visto bo do sr. Alcalde presidente, que o resto das actuacións reclamadas foran organizadas polo Concello, senón por asociacións alleas ao mesmo. E di “poden incluso o Concello subvencionar actos e autorizar o uso do solo público para elo, pero tales subvencións e autorizacións non implican unha responsabilidade nin directa nin indirecta do Concello, na responsabilidade que cabe atribuír a organización e asociacións por unha posible evasión de pago de dereitos de autor”.

Manifesta tamén a sentencia “por tanto, o Concello, en documento público e consciente da responsabilidade na que podía incurrir, incluso penalmente, certifica as actividades sinaladas e ningunha máis, non podendo esixirlle máis proba que a anterior que, desde logo, ten unha fluta relevancia, fronte ás negativas máis ou menos directas o descoñecementos de outras asociación ou organizacións, e non se trata de se tales asociacións ou organización teñan ou non declarado a verdade, senón que fronte á documentación referida, a entidade actora non aprobou que as actuacións non recoñecidas pola demanda, teñan sido organizadas, contratadas pola mesma. Presumir nas conclusións expostas que todo o reclamado debe atribuírse á responsabilidade do Concello, é cando menos temerario.”

O Alcalde de Foz síntese contento con esta sentencia porque realmente ven a dar a razón ao Concello, e ás veces, nestas cousas non serven “escapismos”, o que prevalece sempre é a verdade e con esta pode irse ao fin do mundo.

Exit mobile version