Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación abre o prazo de inscrición para o certame “En Marcha Música Xove”

Nota de prensa:

A Vicepresidencia Terceira da Deputación Provincial de Lugo anuncia que está aberto o prazo de inscrición para o certame “En Marcha Música Xove”. Este Certame, que se desenvolverá en varias fases ao longo da primeira metade do ano 2011, pretende promocionar os grupos xuvenís de música pop, rock, hip-hop, heavy metal, etc. da provincia e, para elo, todos aqueles que se inscriban e sexan seleccionados, participarán en cinco concertos en diferentes localidades da provincia nos meses de marzo e abril do 2011. Asemade, os finalistas gravarán, nun estudo profesional, un CD conxunto cos seus temas, e o gañador terá a oportunidade de gravar en solitario un CD que será editado e difundido desde a Deputación.
Aínda que xa se preinscribiron numerosos grupos de Lugo, A Mariña, Sarria e Monforte, a inscrición aínda é posible ata o vindeiro 27 de decembro, enviando unha maqueta con dous temas, un deles en galego, á Vicepresidencia Terceira da Deputación de Lugo. Area de Xuventude. Rúa San Marcos, 8 27001 Lugo, ou ben, tamén se pode enviar aos locais de ensaio dos Concellos de Ribadeo, Viveiro, Ribas de Sil e Monforte. As bases que rixen a participación no Certame pódense solicitar nos teléfonos 982-260137/138, ou acudindo ás Oficinas de Información Xuvenil dos concellos anteriormente citados.

Exit mobile version