Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación impulsará o Camiño en 2011 porque “hai máis vida despois do Ano Santo”

Nota de prensa

Gómez Besteiro anuncia que a Deputación impulsará o Camiño en 2011 porque “hai máis vida despois do Ano Santo”

– O Castelo de Pambre acolleu a presesentación de Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo; a primeira publicación que inclúe todas as Rutas Xacobeas que pasan pola provincia

– O Presidente adianta que a Deputación está a traballar nunha edición exclusiva do Camiño do Mar, que se incorporará á publicación presentada, para que tamén sexa recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia

– A guía recolle preto de 300 fotografías que amosan todo o patrimonio turístico e artístico dos 33 Concellos polos que pasa o Camiño

– Co obxectivo de poñer en valor o Castelo, dende a Deputación púxose a disposición dos asistentes as guías de Km0 para que ninguén perdese a oportunidade de conecer este espazo único en Galicia

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado, e os autores do libro e colaborador, Aida Menéndez, Jesús Villamil e Horacio Rouco, respectivamente, presentaron no Castelo de Pambre diante de máis de medio milleiro de persoas a primeira publicación de Galicia, que inclúe todos os Camiños que pasan pola provincia. Trátase de Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo; a guía editada pola Deputación dentro de Km0 a Compostela, o programa co que o organismo provincial se converteu na primeira administración cunha programación previa e estable ó Ano Santo.

Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “para nós e para a provincia hai máis Camiño de Santiago e máis vida depois do Ano Santo. Por fin se superou a visión miope de que Lugo só tiña unha Ruta Xacobea, senón que ten varias que levan a Compostela. Neso tamén somos únicos. Nos Camiños non hai competencia, uns non exclúen ós outros”. Neste senso, o máximo mandatario provincial anunciou que, tendo en conta que o Camiño é unha extraordinaria oportunidade para xerar riqueza nos Concellos, e que é un valor que desexan outras Comunidades, “na Deputación imos seguir traballando en 2011 para poñelo en valor, presentando proximamente novas iniciativas neste eido”.

Pola súa banda, Horacio Rouco destacou que “este é o broche de ouro a todo o esforzo do pobo de Palas ó longo destes anos. O libro conmemora a que foi a primeira guía de Rutas Xacobeas, que precisamente se realizou neste Concello en 1965”.

“Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo” contén preto de 300 fotografías que amosan todo o patrimonio turístico, e artístico dos 33 Concellos polos que pasa o Camiño, ademais dunha completa descrición dos catro itinerarios e daquelas rutas secundarias das que é inexcusable a súa visita, xa que teñen un alto valor e interese medioambiental e patrimonial. A este respecto, o autor, Jesús Villamil, agradeceu a colaboración de Horacio Rouco ó tempo que sinalou que “o libro recolle as fichas histórico-artísticas do Camiño e todo o seu conxunto patrimonial”. Todas a persoas que queiran un exemplar deberán poñerse en contacto co Servizo de Protocolo, a trave dos números de teléfono 982 26 00 74 e 982 26 00 75, onde lles tomarán os datos e llelo farán chegar ás súas casas.

A publicación inclúese dentro de Km0 a Compostela, o programa que a Deputación puxo en marcha o 1 de setembro de 2009 e a través do que unhas 1.000 persoas fixeron o Camiño de Santiago en Lugo, ademais doutras personalidades con ampla repercusión mediática dentro do deporte e da vida social galega e española. É o caso do Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, dos colectivos Sociedade Española do Corazón –SEC- e ONCE Galicia; da alpinista Chus Lago, do ex-xogador de baloncesto Fernando Romay e o plantel do Leite Río Breogán, dos campións nacionais de rallye, Sergio Vallejo e Luis Moya; dos directores de medios de comunicación, e “mesmo as Cantareiras deixaron Ardebullo para vir un día a Lugo”, destacou o Presidente.

Publicación exclusiva do Camiño do Mar

A publicación  inclúe os catro Camiños: o Norte, o Primitivo, o Francés e o de Inverno, que aínda non foi recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia “e que hoxe voltamos a reivindicar que o faga”. Neste último caso, o anterior goberno autonómico rompera unha lanza a favor presentándoo por vez primeira como Ruta Xacobea na Feira de Turismo de Valladolid e comprometendo o custe da sinalización. A este repecto, Aida Menéndez subliñou que “síntome moi arropouda polo Presidente ó igual todos os Concellos do Camiño do Inverno porque por primeira vez se inclúe nunha publicación”.

Ó igual que se fixo con esta Ruta, Gómez Besteiro anunciou que o organismo provincial xa está traballando para a edición dunha publicación exclusiva do Camiño do Mar, que se incorporará á publicación presentada e para que tamén sexa recoñecida polo goberno executivo galego, “xa que consideramos que ambos os dous teñen o mesmo valor patrimonial e turístico”.  A este repecto, engadiu: “este libro, que documenta palmo a palmo o Camiño, é o resultado de máis de tres anos dunha longa investigación e de moitas horas de adicación, por iso non incluímos o Camiño da Mariña. Cando comezamos a xestar esta publicación, nada máis chegar á Presidencia da Deputación, demos cunhas persoas que xa tiñan moito traballo realizado. A de Inverno é unha Ruta que leva máis dunha década documentada a diferenza do que acontece coa Mar, que é moito máis recente, e o libro non se fai en quince días”.

Impulso do Castelo de Pambre

O organismo provincial elexiu esta fortaleza para a celebración do acto, que supón o colofón a todas as actividades desenvolvidas durante o Ano Santo, porque se sitúa no último Concello do Camiño Francés da provincia de Lugo e porque é unha das mellores mostras da arquitectura medieval que existe en Galicia e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña. Por iso, co obxectivo impulsar este espazo único en Galicia, dende a Deputación púxose a disposición dos asistentes as guías de Km0 para que ninguén perdese a oportunidade de conecer este espazo único en Galicia. Precisamente, o Alcalde de Palas lembrou que por esta fortaleza pasaron ó longo deste ano 14.630 persoas, das que o 30% foron nenos.

O acto desenvolveuse nun ambiente medieval, grazas á colaboración do Centro de Artesanía e Deseño, e contou coa presenza de Alcaldes e Concelleiros da provincia polos que pasa o Camiño como a rexedora de Guitiriz, Regina Polín, o de Abadín, José María López Rancaño, ou a de Portomarín, Silvia Rodríguez; ademais de Deputados provinciais, do Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, do Vicerreitor do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, e de representantes de casas de turismo rural da provincia, albergues, asociacións culturais, proveedores de Km0, centros de ensinanza da provincia, e centos de veciños da comarca da Ulloa, que residen nos Concellos de Monterroso, Palas e Antas de Ulla.

Exit mobile version