Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación investiu no Concello de Cervo preto de 2 millóns de euros no ano 2010

NOTA DE PRENSA
Lara Méndez destaca o esforzo inversor da Deputación en Cervo, onde investiu este ano preto de 2 M€

– A Vicepresidenta Segunda visitou varios núcleos poboacionais deste Concello nos que o organismo provincial executou obras de mellora co Plan de Comunidades Veciñais de 2010

– Méndez subliña que “fronte a unha Xunta que se ampara na falta de cartos para non facer nada, a Deputación soluciona os problemas que temos os veciños de Cervo”

– A Vicepresidenta 2ª anuncia que en 2011 a Deputación pavimentará con aglomerado en quente máis de 10 quilómetros de estradas provinciais dentro da Conservación

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, destacou o esforzo inversor que a Deputación realizou en 2010 no municipio mariñano de Cervo, e que ascende a preto de 2 millóns de euros. Lara Méndez fixo estas declaracións durante a visita a varios núcleos poboacionais deste Concello, nos que o organismo provincial executou varias obras de mellora dentro do Plan de Comunidades Veciñais de 2010.

Para Lara Méndez estas cifras “demostran o enorme compromiso que o Presidente ten cos Concellos da provincia, e que se reflicten no Orzamento do vindeiro anon que é o da máxima cooperación municipal. É dicir, fronte a unha Xunta que se ampara na falta de cartos para non facer nada e permite medidas tan destructivas como o ERE de Sargadelos que afecta a unha trintena de traballadores ou o retraso do corredor a 2017, a Deputación inviste máis ca nunca e soluciona os problemas que temos os veciños de Cervo e de toda a Mariña”.

Máxima colaboración

Exemplos desta colaboración son a pavimentación de pistas nos núcleos de Pereiro e na Ponte de Rúa, que foron supervisados pola Vicepresidenta Segunda e que se inclúen no plan de obras comunitarias deste ano. En total, dentro desta iniciativa inclúense outras 5 actuacións, que se suman á anterior e que supuxeron un investimento de 72.300 euros.

O organismo provincial tamén mellorou varias infrasestruturas en Cuíña, Maderio, O Seixo, Viladesuso, Casas Novas e Daián, dentro do Plan de Pequenas Infraestruturas deste ano para municipios de menos de 5.000 habitantes, e acondicionou varios viais de titulariade municipal coa colaboración das máquinas do Parque Móbil.

Asimesmo, destina máis de 180.000 euros á conservación e mantemento dos máis de 42 quilómetros de vías provinciais e 1,5 millón de euros á mellora de preto de 3 quilómetros da estrada provincial CP 1502 que beneficia ós veciños das parroquias de Vilaestrofe a Rúa.

Ademais, Cervo é un dos 51 municipios que pronto estrearán a administración electrónica graza ó Innova-TE; o programa cofinanciado nun 70% por fondos FEDER que garante a implantación da administración electrónica en menos dun ano, e que permitirá ós veciños realizar 120 trámites cos Concellos e coa Deputación se a administración autonómica garante o acceso á banda longa.

Máis de 10 quilómetros con aglomerado en quente en 2011

A Vicepresidenta Segunda tamén anunciou que a Deputación ten previsto para o vindeiro ano, dentro da Conservación da rede viaria provincial, pavimentar máis de 10 quilómetros pertencentes ás estradas CP 1510, 1501 e 1508, que comunican a este Concello. “Os veciños de Cervo son os auténticos beneficiarios desta actuación, xa que a Deputación traballa con previsión e racionalidade para non ter que tocar estas estradas en moito tempo grazas á calidade do aglomerado en quente”.

Exit mobile version