Site icon Crónica3.com A Mariña

A iniciativa do PP, Conservación da Natureza informa que non se detectoaron adultos de Gonipterus no Souto da Retorta, en Viveiro

Nota de prensa

O Director Xeral de Conservación da Natureza contestou hoxe a unha pregunta da deputada no Parlamento indicando que non se detectou presenza de adultos de Gonipterus ( gorgollo do eucalipto) o que esta considerou “moi positivo e que quere dicir que o tratamento horizontal que se está a facer en toda Galicia está dando bo resultado”

A XUNTA INFORMOU HOXE NO PARLAMENTO,A INSTANCIAS DA DEPUTADA DO PPDEG EMMA ALVAREZ CHAO, SOBRE A SÚA DIAGNOSE DO ESTADO DOS EUCALIPTOS DO SOUTO DA RETORTA, EN VIVEIRO

o Alvarez Chao pediu que se axilizaran os trámites para a proposta de actuación da Dirección Xeral sobre o diagnóstico detallado das árbores que engloban o Souto da Retorta

o Este Souto está enclavado dentro da zona de maior potencial arbóreo de Galicia que se extende dende Ortegal a Ribadeo e as plantacións de eucalipto constitúen un dos motores económicos da Mariña lucense, onde xeran unha importante riqueza

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2010.- A Xunta de Galicia, informou hoxe no Parlamento, a instancias do deputada do PPdeG Emma Alvarez Chao, sobre a diagnose do estado dos eucaliptos do Souto da Retorta en Viveiro. Para a deputada popular as explicacións do Director Xeral de Conservación da Natureza indicando que non se detectou presenza de adultos de Gonipterus (gorgollo do eucalipto) no informe sobre o estado fitosanitario dos Eucalytus de Chavín, encargado pola Consellería, son “moi positivas e que quere dicir que o tratamento horizontal que se está a facer en toda Galicia, independientemente dos tratamentos que se suministran particularmente as masas, está dando bo resultado”.

Ricardo García-Borregón tamén informou, segundo a deputada popular, da detección de dous tipos de fungos en tres zonas no chan que aínda que non debería ocasionar maiores problemas “se fará un estudo máis profundo da zona para determinar dunha forma máis intensa os patóxenos existentes e establecer o sistema de loita máis apropiado”. O Director Xeral tamén sinalou que se está a elaborar unha proposta de actuación baseada neste diagnóstico, tendo en conta que o Eucaliptal está declarado Monumento Natural e a existencia do exemplar o “Abó” , polo que indicou que as doenzas son propias do estado de vellez, de mais de 130 anos, nunha especia non considerada de alta lonxevidade.

Alvarez Chao pediu que se axilizaran os trámites para a proposta de actuación da Dirección Xeral sobre o diagnóstico detallado das árbores que engloban o Souto da Retorta. Este Souto está enclavado dentro da zona de maior potencial arbóreo de Galicia que se extende dende Ortegal a Ribadeo e as plantacións de eucalipto constitúen un dos motores económicos da Mariña lucense, onde xeran unha importante riqueza. Por todo elo, indicou a deputada popular “era importante coñecer se existía ou non unha plaga e tomar medidas para evitar a súa propagación”.

Exit mobile version