Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña barcelonista de San Miguel expuxo as postais do concurso de Nadal

Nota de prensa

A peña barcelonista San Miguel clausurou o seu concurso de postales de nadal cunha exposición, que se celebrou o pasado 18 de decembro na escola de San Miguel de Reinante.

Neste concurso participaron máis de 200 nenos, nenas e adultos de toda A Mariña.

O xurado composot por Mª del Carmen Díaz Novo (Cake), Enrique Penabad Obarrio e Antonio García Río, acordaron os seguintes gañadores:

Na categoría de Infantil: Jimena Otero do CEIP San Miguel de Reinante.

Na categoría de Primaria: Sofía da Costa do CEIP de Barreiros.

Na categoría de postal barcelonista: Ainara Lopez Fernández do CEIP San Miguel de Reinante.

Na fotografía adxunta, podemos ver de dereita a esquerda a D. Antón Veiga (Delegado de Cultura da Deputación de Lugo), os tres membros do xurado e ó presidente da peña barcelonista San Miguel coas tres postales gañadoras.

Dende a peña están moi contentos coa participación e as postales recibidas. Co que non quedaron tan satisfeitos foi coa presenza de asistentes á exposición, xa que a maior parte dos pais non pasaron a velas postales dos sus propios fillos.

Por outra banda, queren face-los seguintes agradecementos pola sua colaboración: A todo-los participantes e ós seus profesores e monitores. Á directora da escola de San Miguel de Reinante, ó xurado anteriormente mencionado.

Tamén agradecen ás seguintes entidades a sua colaboración coa entrega de trofeos e obsequios para os participantes: Excma. Deputacion de Lugo (D. Anton Veiga Otero – Delegación de Cultura), Cafe bar Moderno (Barreiros), Gadisa, Begano – Coca Cola, La Caixa, Banco SabadellAtlantico, Caixa Rural Galega, Diario Sport, El Mundo del Pintor (Ribadeo), Onda Cero Ribadeo (Beni Mantaras), FC Barcelona, Julia en la onda (Onda Cero – Territorio Gallego), David – LLuis – Chus (Ford ribadeo).

Exit mobile version