Site icon Crónica3.com A Mariña

Aclaración do PP a nota do BNG relativo ao debate sobre a residencia de Foz

Nota de prensa:
ACLARACIÓN Á NOTA DE PRENSA DO BNG

SOBRE O DEBATE QUE TIVO LUGAR NO DÍA DE HOXE DAS INICIATIVAS PARA O IMPULSO DUNHA RESIDENCIA XERIÁTRICA EN FOZ

1º.- Cómpre desmentir o indicado no comunicado de prensa do BNG xa que o Partido Popular non defendeu ningunha emenda á iniciativa do BNG sobre a residencia para persoas maiores de Foz. Os populares rexistramos e debatimos unha proposición non de lei rexistrada a iniciativa propia cuxo acordo foi o que finalmente prosperou.

2º.- O Partido Popular votou en contra da iniciativa do BNG e favorablemente á rexistrada polo seu Grupo Parlamentario e cuxa literalidade di: “”O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a elaborar un estudio de viabilidade para determinar as características e servicios dos que disporá a futura residencia con centro de día no termo municipal de Foz e, en función do resultado deste informe, impulsar os trámites necesarios para a súa execución á maior brevidade posible.” ”

3º.- O deputado do BNG, Fernando Blanco, comprometeuse a trasladarnos a documentación técnica, xurídica e económica que xustificaba a posta en marcha da residencia. Cando son preto das 18.00 horas non temos recibido a devandita comunicación, polo que moito nos tememos que non existe. Este feito corrobora que o bipartito durante os catro anos da pasada lexislatura nin adxudicou, nin financiou, nin elaborou ningún tipo de estudo construtivo da residencia, pese a telos comprometidos.

Exit mobile version