Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP de Foz que o alcalde e Costas desbloquearon o dragado pola súa presión

Nota de prensa:
RIVERA E COSTAS CEDEN ÁS PRESIÓNS DO CANDIDATO POPULAR CASTIÑEIRA, E DESBLOQUEAN A OBRA DO DRAGADO, PERMITINDO REXENERAR OS AREAIS LOCAIS, TAL E COMO VEÑEN DEMANDANDO DENDE HAI VARIOS MESES.

Foz, 29/12/10.- Os populares focenses denuncian, que coas declaracións do Sr Rivera, nas que publica un documento do Ministerio de Medioambente, con fecha do dia 28 decembro autorizando ao vertido nas cercanías da Areoura tal e como lle leva pedindo dende hai varios meses Portos de Galicia, ven a corroborar que o alcalde e o ministerio de Medioambente levan bloqueando a obra de forma partidista ,como denunciou o Candidato Popular Castiñeira estes últimos días”.

Seguen afirmando os populares, que se congratulan de que o Ministerio de Medioambente e o Sr Rivera cambiaran de opinión, e que desen fruto as presións nos medios realizados estes días polo Partido Popular de Foz , con elo garántese a viabilidade dunha actuación na que por capricho político se desviaba o punto de vertido a máis do dobre de millas, cando existe unha necesidade básica, así recoñecida onte por Costas de rexeneración de varios areais da localidade”.

Esto corrobora tamén, as sospeitas que tiña o partido Popular de Foz, de que os dous organismos gobernados polos socialistas, concello e ministerio, estaban a xogar cos intereses do focenses e de tódolos galegos, traballando ás espaldas da Xunta, en concreto de Portos Galicia e dos seus técnicos posto que este é o ente que verdadeiramente afronta o custe e a execución total da obra, tantas veces solicitada en épocas do bipartito e que por fín o goberno da Xunta de Galicia do Partido Popular acometerá nos próximos meses.

A pena de todo isto é que esta obra xa podía estar iniciada se o Sr Rivera e o Ministerio, fixesen o seu traballo coa responsabilidade que lles corresponde, e non retrasasen cun simple tramite administrativo unha xestión que tiñan gardada no caixón dalgunha mesa, a espera de que alguén denunciase o atropelo que se estaba a realizar á Xunta de Galicia.

Esperamos tamén que con este vaivén de cambios de rumbo que leva o alcalde Rivera, primeiro coa dotación con herva Artificial do Campo Municipal de Malates, despois de propoñelo o Partido Popular, e agora co Dragado, sirvan para que Rivera sega desbloqueando outras obras importantes que quere acometer a Xunta de Galicia coma, a Construción do novo Xeriátrico, e a ampliación da Área recreativa do Bispo Santo, que novamente por capricho partidista non é capaz de desarrollar.

Exit mobile version