Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PSOE de Cervo que o empecinamento do alcalde leva ao Concello de Cervo a asumir un sobrecoste nas obras de saneamento

Nota de prensa
O EMPECINAMENTO DO SR.VILLARES LEVA AO CONCELLO DE CERVO A ASUMIR UN SOBRECOSTE NAS OBRAS DE SANEAMENTO
O GMS CREE QUE EXISTEN IRREGULARIDADE NAS CERTIFICACIÓNS DA OBRA DO SANEAMENTO EN ESPIÑERIDO

CERVO, 2 DE DECEMBRO. O SR.Villares lonxe de exercer como máximo mandatario do Concello de Cervo intentando resolver as demandas e necesidades do seu pobo dedicase a crealos crispando aos veciños.

O Alcalde iniciou unha cruzada innecesaria cuns veciños tan so por non ter a delicadeza de falar con eles mentres que ditos veciños están intentando defender o que creen que a súa propiedade.

Ditos veciños NUNCA  se opuxeron a deixar pasar o saneamento polo que aseguran que é  propiedade privada, mostra desto e que no ano 2001 cando se proxectou o saneamento de Tras do Rego no lugar de Espiñerido, o equipo de Goberno do PP en aquel entonces falou cos afectados para que lle permitiran o paso polos seus terreos ao cal os veciños accederon, e curiosamente tamén estaba afectado o camiño que a día de hoxe se discute a súa titularidade.

Cómo se entende que no ano 2001 o PP pida permiso para facer uso de dito camiño e no 2009 o mesmo PP estea a cuestionar a titularidade do mesmo camiño.

A realidade é  que a día de hoxe o saneamento esta sen rematar e sen dar un servizo necesario para os veciños que residen no lugar en cuestión e agora plantexa unha expropiación e a realización dun novo proxecto por un importe de mais de 12000€, o que supón un sobrecoste adicional para as arcas municipais é dicir para todos os veciños de Cervo.

Simplemente pola inoperancia e ineptitude dunha persoa que agora mesmo lle preocupa mais o saír airoso dunha situación escabrosa na que el soliño se meteu, que darlle ese servizo básico a unhas vivendas que e o Saneamento.

Por outra banda dende o GMS xa falamos das posibles irregularidades cometidas por parte do Alcalde ao certificar a obra do Plan E do 2009 na súa totalidade sen ter rematado o saneamento ao 100%

Como se pode certificar unha obra na súa totalidade sen un modificado de proxecto, cando menos que nos teñamos constancia e temos revisado tanto os proxectos como as súas certificacións, cando a obra esta sen rematar.

Exit mobile version