Site icon Crónica3.com A Mariña

Confirma o alcalde de Burela que o concello contará con 15 efectivos do Grumir no 2011

Nota de prensa:

ALFREDO LLANO VEN DE CONFIRMAR QUE O CONCELLO CONTARÁ NO 2011 CON QUINCE EFECTIVOS PARA O GRUPO MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN RÁPIDA.

Burela, 27 de decembro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, ven de confirmar que o Concello contará no 2011 con 15 efectivos para o Grupo Municipal de Intervención Rápida.

Llano aproveitou a súa visita hoxe a Santiago para preguntarlle ao conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, por este asunto “e agora sabemos que contaremos co mesmo persoal que no 2010. O Grumir ten na actualidade tres efectivos estables e os outros 12 contrataránse unha vez que saia publicada a orde correspondente o vindeiro 15 de xaneiro. O que aínda non sabemos é si a subvención que nos concenderán será para que os contratos teñan unha duración de seis meses e medio ou de nove”.

O rexedor engadiu que “as contratacións dos membros do Grumir iránse facendo dependendo da conveniencia de cada Concello”.

Llano analizou o futuro do Grumir con Rueda no acto de entrega do novo vehículo que ven de recibir Burela para este departamento.

Exit mobile version