Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP de Burela que hai deixamento por non recoller os colectores de vidro

Nota de prensa:
O PP de Burela lamenta a deixadez do bipartito local.
Contenedores de vidro levan dez días cheos e rodeados de botellas.
O PP de Burela acusou hoxe ó bipartito local, especialmente ó alcalde, de absoluta deixadez á hora de resolver e tratar os asuntos do día a día da vida municipal, e puxo como exemplo o estado que presentan varios contenedores de vidro ubicados en distitnas rúas da localidade; este contenedores están cheos, e mesmo presentan caixas con botellas ou mesmo botellas soltas no seu entorno máis próximo, sen que por parte do concello se arbitre ningunha medida concreta para solucionar o que non é máis ca un problema de dedicación do alcalde. Ante a ausencia da edila de Medio Ambiente, debería ser o propio alcalde o que asumise tal circunstancia, pero o alcalde está máis preocupado por cobrar a fin de mes ca na resolución dos problemas da vida cotián.
Os populares lamentan que a imaxe de Burela, especialmente a imaxe medioambiental e turística, se dane unica e exclusivamente polo pasotismo do alcalde e do bipartito.
PP de Burela.

Exit mobile version