Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de Pop Art de Elena Pendás no CENIMA en Foz desde o 4 de decembro

Nota de prensa

Este sábado, 4 de decembro, ás 18:30 h., teremos unha nova inauguración no CENIMA. Desta volta será a artista ELENA PENDÁS que nos trae unha mostra representativa da súa obra Pop Art, en cadros de grande formato. Vai ser unha exposición de grande calidade e moi vistosa. A artista é profesora de Gravado na Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo, e ten un grande curriculum ás súas costas. Expuxo entre outros sitios, no Hotel María Cristina de San Sebastián, nos centros culturales de Cajastur en Mieres, Avilés ou Gijón, no teatro Campoamor de Oviedo, na Sala Noble da Xunta en Lugo, etc.

Adxunto a análise da súa obra por parte do crítico de arte Manuel Álvarez Prieto así como o enlace ó blog personal da propia Elena. Para poñervos en contacto con ela non dubidedes en chamar.

Exit mobile version