Site icon Crónica3.com A Mariña

García Rivera explica que co abandono do PSOE de Xaime Cancio remata a “historia dun home incomprendido”

Nota de prensa

O Alcalde de Foz, José María García  Rivera, manifesta que parece ser que por fin a historia dun home incomprendido, segundo se denomina a el mesmo Xaime Cancio, remata. Este home leva falando e falando só el, sen resposta nosa varios meses, e agora por responsabilidade, este Alcalde vai dicir algunhas cousas.

O primeiro é que, sobre a tan manida historia de non poder falar das súas viaxes en Radio Foz, o Consello da Emisora da Radio non lle da a razón. Na reunión celebrada o pasado martes, 30 de novembro, todo o mundo estivo de acordo que, se a norma e para todos, que se cumpra. Por suposto tamén  Xaime Cancio.

Rivera manifesta que Cancio ten dúas caras e está enfermo de ambición, de poder. Non o pode soportar. Ninguén que é cesado neste país, monta o número que montou esta persoa. Agora di que é posible que se dean de baixa do Partido Socialista varias persoas  polo que pasou. Sr. Cancio, esas persoas xa non eran Socialistas. Viñan apoialo a vostede para gañar votacións. As persoas Socialistas comprometidas co noso Partido, a pesar de intentar vostede ofrecerlles e requeteofrecerlles, non se deixaron mangonear.

É incrible que diga  que o Partido Socialista  fixo unha desconsideración con vostede, cando se lle mandou sempre aos mellores lugares. Compañeiros e compañeiras, incluído o Alcalde, apoiáronno para ser: Deputado Provincial, Secretario Xeral dos Socialistas na Comarca da Mariña, Delegado de Pesca. Ninguén tivo tanto apoio neste Partido.

O Alcalde manifesta que este señor, cesado por min – decisión da que está moi satisfeito – non perdoa esa acción. Ten ademais este señor, unha dobre personalidade enfermiza. Acusou ao seu Alcalde con palabras mal soantes e segue a facelo para descalificar e facerlle o caldo de cultivo á dereita do PP de Foz. Así, se está a reunir e ver a posibilidade de chegar a ser Alcalde por ese lado, aínda que sexa a costa de deixar  na cuneta ao recén nomeado candidato do Partido Popular de Foz.

Rivera alégrase moítisimo por moitos traballadores e traballadoras do noso Concello, aos que nalgúns casos púxoos ao borde da depresión cos seus métodos de traballo.

Finalmente, Rivera manifestou que di pouco dunha persoa que ata lles manifesta aos medios de comunicación  que ten que estudar como entrega a acta e cando dimite. É dicir, ten que ver como sempre a estratexia a empregar e o escenario propicio. Cando sabe que nunha Asemblea, 146 persoas lle pediron esa acta de concelleiro, que aínda non entregou hoxe, afirmando que aquela Asemblea era ilegal. Parece mentira deste señor, despois de dicir, por activa e por pasiva, nos medios de comunicación, que a demócrata non lle gañaba ninguén, e si lle pedían a acta na Asemblea a entregaría.

O Alcalde manifestou que seguiremos loitando coas nosas ideas, e xunto a nosa  militancia, coma sempre, con humildade e con comprensión cara aquelas persoas que necesitan da nosa axuda.

Exit mobile version