Site icon Crónica3.com A Mariña

Luar na Lubre presenta e Lourenzá o seu traballo Solsticio, o sábado 18 de decembro

O vindeiro sábado 18 de decembro terá lugar o concerto de Luar na Lubre, que servirá de presentación en Galicia do seu novo traballo “Solsticio”, a partir das 22,30 horas na Discoteca El Recreo con entrada gratuíta. Este concerto terá lugar despois da suspensión que se levou a cabo, dentro da programación da Festa da Faba, debido ás condicións climatolóxicas adversas.  Dende a organización queremos agradecer a colaboración dos responsables da Discoteca El Recreo pola cesión das súas instalacións para poder levar a cabo o mencionado concerto.

Exit mobile version