Site icon Crónica3.com A Mariña

Nove concellos investirán uns 10 millóns de euros do Plan Complementario da Deputación en 70 obras

Nota de prensa / Listado obras

Gómez Besteiro pacta cos Alcaldes as preto de 70 obras do Plan Complementario dotado con preto de 10 M€

– O Presidente asinou os convenios cos rexedores municipais dos 9 municipios que se benefician desta iniciativa extraordinaria e que foron aprobados hai tan só unha semana

– A Deputación financia o custe destas actuacións das que se beneficiarán 176.000 cidadáns pertencentes ós Concellos máis poboados ou motores comarcais

– Gómez Besteiro subraiou que é a partida económica máis cuantiosa en canto a transferencias directas ós Concellos, “e facémolo sen aumentar a débeda pública”

– O organismo provincial satisfará a vella demanda do municipio da capital, creando a ansiada praia fluvial do Miño, que se situará na zona dos Robles

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, asinou este vernes os convenios cos Alcaldes dos nove Concellos que se beneficiarán do Plan Complementario, dotado con 9,5 millóns de euros e posto en marcha polo organismo provincial para intensificar o apoio ós municipios máis poboados ou exercen como motores comarcais, ó tempo que quedaran excluídos doutros plans provinciais como o de Pequenas Infraestruturas para Concellos ou o canon hidroeléctrico. Gómez Besteiro subliñou que “é unha boa noticia para a cooperación e para un determinado número de municipios que resposta a un bo número de veciños, máis da metade da provincia de Lugo, polo que son necesidades que hai que atender”.

É a partida económica máis cuantiosa en canto a transferencias directas ós Concellos. Neste senso, o máximo mandatario provincial destacou que “cumprimos co que nos comprometemos cando creamos un fondo extraordinario no que aparecían estes convenios. Estamos en prazo e regra, e facémolo sen aumentar a débeda pública, é dicir, sen ter que ir á formalización de novos préstamos que poidan encarecer a situación económica da Deputación. Estamos dentro do previsto”.

No acto de hoxe, o Presidente remarcou que o Orzamento provincial do 2011 volverá estar marcado pola máxima cooperación cos Concellos. “Terá un adelgazamento querido e buscado do 30% pero imos seguir mantendo as partidas de cooperación. Non faremos expropiacións e outras cousas, pero non renunciaremos as axudas ós municipios que é para o que servimos e ó que nos adicamos”.

O Plan, que beneficia a 176.000 veciños, está destinado á dotación de infraestruturas básicas e demandadas polos Concellos, así como á mellora de equipamentos existentes nos municipios de Monforte de Lemos, Vilalba, Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Viveiro, Foz, Burela e Sarria. A Deputación asume o custe total destas actuacións, incluídas dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública aprobado polo actual equipo de goberno este ano, e alivia deste investimento millonario ás entidades locais, agás á de Sarria –que, debido ó elevado investimento “e porque carecía dunha dotación que outros Concellos, nas mesmas condicións de poboación xa dispoñían dela”, a obra será co-financiada polo Concello-.

Obras consensuadas cos Alcaldes

Con este investimento, a Deputación completa o Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con preto de 22 millóns de euros e creado para manter os postos de traballo que dependían da licitación de obras. O Presidente pactou con cada un dos Alcaldes as preto de 70 obras que se executarán nestes municipios co obxectivo de que o investimento sexa o máis rendible e beneficioso para os veciños. No acto de sinatura dos convenios, que foron aprobados pola Xunta de Goberno o venres pasado, participaron, ademais do Presidente, os Alcaldes de Monforte -Severino Rodríguez-, Vilalba -Gerardo Criado-, Becerreá -Manuel Martínez-, A Fonsagrada -Argelio Fernández-, Burela -Alfredo Llano-, Foz -José María García Rivera-, Viveiro -Melchor Roel-, Sarria -Claudio Garrido-, e Lugo -José López Orozco-.

Actuacións máis destacadas

A cada Concello correspóndelle 1 millón de euros, agás o de Sarria no que o investimento que se destina á piscina climatizada é de 1.457.000 euros porque da servicio a toda a comarca. Asinados os convenios, o organismo provincial comezará coa contratación das obras de forma inmediata. “O luns iniciaranse todos os pasos, independentemente de que sexa obra grande ou pequena”.

No caso de Monforte o acordo inclúe a execución de 6, das que destacan a reforma do Centro da Terceira idade cun orzamento de preto de 400.000 euros. Polo que se refire a Burela, o número de actuacións é de 18. O maior investimento é para a mellora dos alumeados públicos e dotación de mobiliario urbano nas rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán e na avenida Arcadio Pardiñas. Estas tres actuacións suman 368.000 euros.

En Vilalba executaranse 5 obras. A maior parte céntranse na mellora do complexo da Magdalena, ó que lle corresponden máis de 400.000 euros. No caso do municipio da Fonsagrada, o convenio inclúe 2 obras. Destaca a construción da Casa Consistorial por valor de 850.000 euros. En Becerreá, das tres obras que se executarán, a de maior importancia é a mellora de accesos rurais con aglomerado (690.000 euros). En Viveiro executaranse 21 actuacións. As máis significativas son as dotacións de equipamento deportivo para o campo de fútbol de Cantarrana e Celeiro (112.000 euros) e de servizos de saneamento en Granxas e Trasposta (157.500 euros), así como a urbanización Pariso (120.000 euros) e o convenio de FEVE con 100.000.

En Foz executaranse 8 obras. As máis cuantiosas son as que inclúen o acondicionamento de salas de exposición e cafetería do Cenima (120.92 euros), a mellora da rede viaria municipal con aglomerado (146.379 euros) e o campo de fútbol de herba artificial (450.000 euros). Finalmente, no caso de Lugo acometerase a praia fluvial do Miño, así como a mellora de infraestruturas viarias.

Listado obras

PLAN EXTRAORDINARIO DE OBRA PÚBLICA: OBRAS CONVENIOS CONCELLOS (9.457.000 EUROS)

CONCELLO BECERREÁ (3 OBRAS):

* Campo de tiro: 110.000 euros
* Beirarrúas e escaleira feira: 200.000 euros
* Mellora de accesos rurais/aglomerado: 690.000 euros

CONCELLO DE BURELA (18 OBRAS):

* Mellora do alumeado público e dotación de mobiliario urbano na rúa Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán: 130.000 euros
* Proxecto técnico de demolición do edificio na rúa Pascual Veiga que fai esquina coa rúa de Fontela: 40.000 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona ensanche, (área norte): 48.500 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona ensanche, (área sur): 38.000 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona centro, (Avda. Arcadio Pardiñas e área hospital): 34.834 euros
* Reposición de mobiliario urbano infantil en parque Tijola: 17.000 euros
* Pista Multideporte en Parque Rosalía de Castro: 33.000 euros
* Colocación de tapas de saneamento-abastecemento alumeado e sumidoiros na rede viaria municipal: 45.000 euros
* Axardinamento na Avenida Arcadio Pardiñas: 73.500 euros
* Reforma alumeado na Praza da Mariña e rúa Manuel Murguía: 64.400 euros
* Pista skate na rúa Marosa: 35.500 euros
* Mellora do alumeado público da Avenida Arcadio Pardiñas: 238.000 euros
* Canalización do treito río Burela: 37.500 euros
* Sinalización vertical na rede viaria municipal (zona centro e área hospital): 16.700 euros
* Sinalización horizontal na rede viaria municipal: zona ensanche (área norte): 45.000 euros
* Sinalización horizontal na rede viaria municipal: zona ensanche (área sur): 28.066 euros
* Canalización fonte de Vilar: 7.500 euros
* Acondicionamento Praza da Igrexa: 67.500 euros

CONCELLO DA FONSAGRADA (2 OBRAS):

* Nova construción da Casa Consistorial: 850.000 euros
* Reforma do Polideportivo Municipal: 150.000 euros

CONCELLO DE FOZ (8 OBRAS):

* Redacción de proxecto para residencia de 100 prazas con centro de día incorporado: 33.948,38 euros
* Reforma da escola de Forxán, na parroquia de San Martiño: 26.867,42 euros
* Construción de tres illas para o soterramento de contedores: 120.364,05 euros
* Acondicionamento de salas exposicións e cafetería do Cenima e instalación de spa na piscina municipal: 120.092,58 euros
* Equipamento e infraestruturas de servizos básicos-mellora na rede viaria municipal mediante aglomerado: 146.379,86 euros
* Parque infantil na rúa Congostra do cura e adecuación do parque da Praza Conde de Fontao: 13.295,65 euros
* Subministro de bombas para impulsión de residuais nas parroquias de Fazouro e Cangas, e execución das arquetas de bombeo na Pontevella, parroquia de Fazouro: 89.052,06 euros
* Campo de fútbol de herba artificial en Foz: 450.000 euros

CONCELLO DE LUGO (2 OBRAS):

– Acondicionamento de infraestruturas viarias: 500.000 euros

– Infraestruturas e servizos no contorno fluvial: 500.000 euros

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS (6 OBRAS):

* Mantemento do parque de bombeiros de Monforte: 150.000 euros
* Reforma do centro de terceira idade: 350.000 euros
* Mellora de infraestruturas viarias: 229.502 euros
* Rehabilitación de Casa-Escola de Penela, Iglesias Marcelle e Piñeira, e infraestruturas viarias: 121.442 euros
* Mellora urbaza en prazas, sinalización Marcelle, decorado bus urbano e mobiliario urbano: 108.027 euros
* Reforma do alumeado público: 41.049 euros

CONCELLO DE SARRIA (1 OBRA):

* Construción da piscina climatizada: 1.457.000 euros

CONCELLO VILALBA (5 OBRAS):

* Adquisición superficie no contorno da praia fluvial e complexo lúdico-deportivo “A Magdalena”: 280.000 euros
* Adquisición finca para o contorno da futura gardeiría municipal: 60.000 euros
* Acondicionamento dos espazos públicos das fincas adquiridas para usos recreativos no complexo de “A Magdalena”: 90.000 euros
* Acondicionamento do vial de titularidade da Deputación no seu paso pola área recreativa e praia fluvial de “A Magdalena”: 390.000 euros
* Reurbanización da rúa Porta de Encima: 180.000 euros

CONCELLO DE VIVEIRO (21 OBRAS):

* Dotación de equipamento deportivo para o campo de fútbol de Cantarrana e Celeiro: 112.000 euros
* Saneado da fonte de Castelo-Faro: 10.000 euros
* Saneado e mellora dos parques infantís municipais: 30.000 euros
* Saneado cuberta teatro Pastor Díaz: 35.000 euros
* Dotación de equipamento biblioteca municipal (antiga Casa Consistorial): 64.000 euros
* Saneado cuberta escola do Faro: 20.000 euros
* Pintado exterior escola de Viveiro: 9.000 euros
* Pintado exterior escola de Xunqueira: 5.000 euros
* Obras de mellora no conservatorio municipal de música: 20.000 euros
* Dotación de servizos de saneamento e abastecemento en Casería e Pallaregas Viveiro: 61.632,65 euros
* Dotación de servizos de abastecemento na rúa Benito Galcerán: 31.473,16 euros
* Dotación de servizos de saneamento en Granxas e Trasposta: 157.420,07 euros
* Construción de depósito de auga para ampliación da rede de abastecemento ó lugar de Riquián: 82.059,85 euros
* Asfaltado da pista municipal e Area: 14.012,80 euros
* Ampliación da rede de saneamento en Brieiro-Faro: 11.883,31 euros
* Ampliación da rede de saneamento e abastecemento en área camiño de Carracedo: 22.518,16 euros
* Rexeneración da Praza de San Lázaro: 10.000 euros
* Reposición do firme no vial municipal en San Andrés de Boimente: 14.000 euros
* Urbanización Pariso: 120.000 euros
* Convencio con FEVE: 100.000 euros
* Reposición do firme en viais municipais: 70.000 euros

Exit mobile version