Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela di que tentará que o investimento do plan de obra da Deputación beneficie a todo o mundo

Nota de prensa

UNHA PISTA MULTIDEPORTE, OUTRA DE SKATE E DIVERSAS MELLORAS EN RÚAS DA VILA, SON ALGUNHAS DAS OBRAS QUE SE EXECUTARÁN EN BURELA CON CARGO AO PLAN EXTRAORDINARIO DE OBRA PÚBLICA DA DEPUTACIÓN. HOXE ASINÓUSE O CONVENIO EN LUGO.

Burela, 17 de decembro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, viaxou a Lugo para asinar un convenio de colaboración coa Deputación co fin de executar unha veintena de actuacións ao amparo do plan complementario do extraordinario de obra pública. O investimento a realizar, na súa maioría no primeiro trimestre do ano, será dun millón de euros.

O rexedor explicou que “se trata da execución das actuacións realizadas ao amparo do plan extraordinario de obra pública. A Burela correspóndelle un millón de euros, é un investimento que tentaremos realizar en beneficio de todo o mundo. Son obras moi diversas que se notarán en moitos puntos do noso concello”.

A relación é  a que segue: a mellora do alumeado público e dotación de mobiliario urbano nas rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán, “esto ven complementar e rematar un proxecto que xa se iniciara o ano pasado”; proxecto técnico de demolición de edificio en Pascual Veiga esquina con rúa da Fontela, “moi importante para Burela, elimina un embudo e abre alí unha posibilidade enorme”; escarificado e renovación en varias rúas da vila, no ensanche, na zona centro e na área do hospital; reposición do mobiliario urbano infantil no parque Tíjola; pista multideporte no parque Rosalía de Castro, “é un proxecto moi demandado e imos procurar que sexa unha realidade de contado”; recrecida e colocación de tapas de saneamento, abastecemento, alumeado e sumidoiros na rede viaria municipal; axardinamento e mellora do alumeado público en Arcadio Pardiñas, “queremos que a entrada do pobo sexa o máis vistosa posible e que lle dea a importancia que se merece ao noso concello. Trátase do remate do iniciado hai un ano”; reforma do alumeado na praza da Mariña e na rúa Manuel Murguía; construcción dunha pista de skate; canalización dun tramo de río Burela; mellora da sinalización horizontal e vertical na rede viaria municipal; canalización da fonte de Vilar e acondicionamento da praza da Igrexa, “consideramos que agora mesmo non está acorde co que debe ser o entorno dese monumento”.

Llano considera que “son obras moi representativas para todo o pobo e agardamos que todo o mundo se beneficie destes traballos”.

Exit mobile version