Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG alerta do perigo que supón para Barreiros o estado no que se atopan os accesos a San Caetano

Nota de prensa

O BNG ALERTA DO PERIGO QUE SUPÓN PARA OS VEHÍCULOS E PARA A REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA DE BARREIROS O ESTADO NO QUE SE ATOPAN OS ACCESOS A SAN CAETANO. OS NACIONALISTAS LEMBRAN QUE FORON DERRUBADOS POR UNHA RIADA HAI DOUS ANOS E O QUE O CONCELLO SEGUE SEN SOLUCIONAR O PROBLEMA.

Barreiros, 2 de decembro de 2010. O BNG alerta do perigo que supón para os vehículos e para a rede de abastecemento de auga de Barreiros o estado no que se atopan os accesos a San Caetano. Os nacionalistas lembran que foron derrubados polas riadas de novembro de 2008 e que o Concello segue sen darlle solución a esta problemática.

O portavoz do BNG, Antonio Veiga, sinala que “no pasado pleno desde o BNG volvemos a insistir na situación na que se atopan os accesos a San Caetano. Hai que lembrar que 1 de novembro fixo dous anos que foron derrubados por unha tromba de auga e xa en anteriores plenos desde al alcaldía respostóuse que ían ser reparados con cargo a esa partida que desde a Xunta se destina para as riadas. Desde logo que non é de recibo tanta espera”. E anuncia que “nós seguiremos insistindo e recordando que xusto nesta pista de acceso arriba do cemiterio de Celeiro por debaixo pasa toda a rede de abastecemento de auga desde a estación potabilizadora do río Masma en Celeiro ata os depósitos de San Caetano e supón un auténtico perigo ao estaren os tubos á intemperie se volta a producirse outra riada ou calquera desprendimento de terra, entón os destrozos poderían ser descomunales”.

Veiga Outeiro acusa “de total pasividade ao Concello no valado da zona e na sinalización porque algún vehículo segue a pasar por enriba e non hai garantías suficientes de que iso non se veña abaixo co peso dun coche. Nós estámolo a recordar pleno tras pleno e non se toma ningunha medida ao respecto, despois todo se lamentará, cando o máis sinxelo é ordenar a zona e dicir por aquí non se pode pasar porque se está a poñer en risco toda unha rede de abastecemento de auga ao concello de Barreiros”.

Exit mobile version