Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo pregúntanse si o PP utiliza o diñeiro público para mellorar Cervo ou para darlles choio aos amigos

Nota de prensa

O BNG CRITICA O DERROCHE DE FONDOS PÚBLICOS EN FACER E DESFACER AS SÚAS PROPIAS OBRAS SEN PRIORIZAR A POLÍTICA DE GASTO

O Parque “Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo” que custou 300.000 euros no 2006 xa se está remodelando no 2010 con outro gasto de 57.000 euros

Os nacionalistas pregúntanse si o PP utiliza o diñeiro público para mellorar Cervo ou para darlles choio aos amigos

Cervo, 14 de decembro de 2010. O BNG criticou a política de gasto do goberno municipal de Cervo que lonxe de priorizar semella dedicalo a dar choio aos amigos no canto de utilizalo para mellorar o concello. Os nacionalistas lembran que xa no seu día criticaron o gasto de 300.000 euros no “Parque Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo” que pasou de ser un campo a converterse nunha superficie de formigón con numerosas zonas perigosas que xa causaron algún desgusto serio a nenos e nenas que fan uso del. Agora o goberno local ordena a execución de obras de remodelación no mesmo parque investindo case 60.000 euros nunhas obras que non van solucionar os problemas que xa tiña, adxudicando a obra á mesma empresa de sempre que semella ter a exclusiva dos concursos de adxudicación en Cervo.

Lonxe de mellorar o concello o goberno local parece dedicado a dar choio aos seus amigos

Tanto os 300.000 euros gastados nas primeiras obras executadas no “Parque Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo” como agora os preto de 60.000 que se van gastar na actualidade “non serviron ou van servir para mellorar unha zona dotacional que debería ser un lugar agradábel para o disfrute dos veciños e veciñas de Cervo.” Os nacionalistas critican o malgasto de diñeiro público “sen control nin priorización algunha.”. O que está a suceder co “Parque Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo” de Cervo e o mesmo que pasou co “Parque Raíña Sofía” en San Cibrao 0onde se gastaron mais de 500.000 euros en remodelalo e aos poucos meses da inauguración desfíxose de novo para as obras do saneamento, polo que o portavoz municipal nacionalistas, Xoán Estúa, “pregúntase si o PP utiliza o goberno de Cervo para mellorar o concello ou para dar choio aos amigos”.

300.000 euros para converter un campo nunha carreira de obstáculos de formigón con numerosas zonas perigosas para os nenos e nenas.

O agora denominado “Parque Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo” e antes “Campo da Burra” era unha superficie de campo cunha lixeira inclinación que con pequenas obras de organización e xardinería e a dotación de mobiliario público e para xogos chegaría para cumprir coa súa función de zona de encontro e lecer para maiores e pequenos. “Pola contra o goberno municipal malgastou 300.000 euros enchendo ese campo de formigón a diferentes niveis e con numerosas aristas que xa supuxeron sustos, con lesións de gravidade, para varios usuarios.” O Parque foi inaugurado no 2006 e dedicado a Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, fundadores da actual cerámica de Sargadelos.

O PP parece ter obsesión por remodelar os parques públicos facendo e desfacendo as súas propias obras contradicindo a política de austeridade que tanto pregoan.

Aos nacionalistas sorpréndelles que só catro anos despois o mesmo goberno “corríxese a si mesmo” gastando case 60.000 euros en obras de remodelación que “tampouco eliminan os problemas de base deste equipamento.” Estúa, chamou ao goberno local a reflexionar sobre a contradicción entre o discurso oficial e a práctica real, “o importante para o goberno municipal non e construír equipamentos e servizos, senón destruír o que hai para facer outros novos e que se vexa actividade sen importar o prezo.”

Exit mobile version