Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pídelle ao PP que deixe de crear falsas espectativas coas persoas despedidas na cerámica de Sargadelos

Nota de prensa
O BNG PÍDELLE AO PP QUE DEIXE DE CREAR FALSAS ESPECTATIVAS COAS PERSOAS DESPEDIDAS NA CERÁMICA DE SARGADELOS

A Proposición Non de Lei que o PP levará ao Parlamento Galego non e mais que demagoxia barata xa que non e o parlamento quen ten que pedir axudas á prexubilación

Os nacionalistas insisten en que si se pon un millón de euros de fondos públicos non se pode excluír a ninguén do acordo a así o esixirán no Parlamento Galego

Cervo, 10 de decembro de 2010. O BNG insiste en que a exclusión de oito persoas do acordo polo que a Cerámica de Sargadelos recibirá da Consellaría de Economía e Facenda un millón de euros a cambio de deixar en suspensión o ERE de extinción de contratos e inxusto e afonda na persecución exercida pola empresa contra estas oito persoas. Os nacionalistas cualificaron de demagóxica a intención do PP de pedir ao Parlamento Galego que reclame axudas ao goberno do Estado en base a unha orde de dubidoso encaixe no caso de Sargadelos e que ademais deben pedir as propias persoas afectadas coa participación da empresa e a representación sindical. O BNG pediu ao PP que deixe de crear falsas expectativas e apoie a estas oito persoas esixindo á empresa solucións mediante prexubilacións e readmisións.

Balseiro e Villares dedícanse a crear falsas espectativas con iniciativas demagóxicas que non teñen encaixe no caso de Sargadelos.

O BNG esixiu ao Alcalde e ao Tte. de Alcalde de Cervo e parlamentar do PP, Alfonso Villares e José Manuel Balseiro, que deixen de facer demagoxia barata coas oito persoas despedidas na Cerámica de Sargadelos que a empresa non quere readmitir despois do acordo de suspensión do ERE de extinción de contratos ao amparo do cal foron despedidas. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “aclarou que a iniciativa que Balseiro levará ao Parlamento Galego ten difícil encaixe no caso de Sargadelos e en todo caso deberá ser a empresa conxuntamente cos seus representantes sindicais coa adhesión dos beneficiarios quen a solicite, non o parlamento”; “o que están facendo Villares e Balseiro e enganar e crear falsas expectativas con iniciativas como esta que so son demagoxia”, dixo Estúa. O nacionalista matizou que a Orde de axudas de 5 de abril de 1995 á que aluden os populares está feita para procesos de reconversión industrial pero ten dificultades de encaixe no caso de Sargadelos si a empresa non quere colaborar e tampouco vale para as persoas que non están en situación de prexubilación.

Cando se poñen tantos cartos non se poden permitir exclusións como as admitidas con estas persoas e debe beneficiarse todo o cadro de persoal

A inxección de un millón de euros en dúas anualidades a Cerámicas de Sargadelos “non pode ser a costa destas oito persoas que pagan os pratos rotos dunha mala xestión empresarial; ou se beneficia todo o cadro de persoal ou estarase dando por boa a persecución exercida contra estas persoas”, que non todas están en situación de prexubilación. Estúa “non dubidou en valorar positivo un acordo como solución a curto prazo para evitar mais despedimentos, pero este non pode excluír a ninguén.”

O Parlamento deberá votar a non exclusión de ninguén do acordo entre a empresa e a Xunta.

Por último os nacionalistas fixeron pública a Proposición Non de Lei que o BNG levou ao Parlamento Galego na que se pide á Consellaría de Economía e Industria que non asine ningún acordo de financiamento de Cerámicas de Sargadelos que non inclúa a todo o persoal da empresa afectado polo ERE de extinción de contratos, incluíndo as persoas xa despedidas; Estúa defendeu este acordo si se fai efectivo “como o mais xusto a curto prazo” , aínda que puxo en dúbida solucións a mais longo prazo “xa que cando unha empresa está en dificultades os primeiros interesados en salvala deben ser os seus xestores e isto por desgraza non se está dando en Sargadelos”

Exit mobile version