Site icon Crónica3.com A Mariña

O comercio local de Burela ofrece adhesivos destinados a embelecer os envoltorios das compras de Nadal

Nota de prensa

O MÍTICO APALPADOR CHEGA A BURELA

O Apalpador, a mítica figura do Nadal Galego, chega a Burela e faino da man da Concellaría de Industria e Comercio do Concello de Burela e dos Equipos de Dinamización Lingüística dos institutos da localidade: os IES Monte Castelo e Perdouro.
Mañá venres, ás 11:15 horas, na Biblioteca do IES Perdouro, Miruca Parga e Carme Cociña,  coordinadoras dos Equipos de Dinamización Lingüística nos  centros de ensino secundario de Burela, e Xosé González Legazpi, concelleiro de Comercio e Turismo, presentarán esta campaña de Nadal que beneficiará os establecementos comerciais da localidade.
Tal como xa fixeran en anos anteriores, os institutos e o concello colaborarán co comercio local ofrecendo unhas etiquetas coa figura do Apalpador. Estes adhesivos están destinados a embelecer os envoltorios das compras de Nadal.

Exit mobile version