Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro socialista Xaime Cancio deixará a corporación municipal de Foz e o PSOE e non descarta encabezar unha candidatura independente

REFERENCIA

O concelleiro socialista Xaime Cancio deixará a corporación municipal de Foz e o partido

O concelleiro socialista focense Jaime Cancio darase de baixa do partido e dimitirá como edil da corporación municipal de Foz.
Esta decisión deuna a coñecer nunha reunión celebrada onte pola noite na parroquia de Vilaronte, encontro no que participaron unhas 150 persoas, entre os que había afiliados do PSOE focense e outros que non lograron darse de alta no partido porque non llo permitiron os responsables locais. Así o explicou o propio Cancio hoxe, mércores, en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).
Jaime Cancio tamén dixo que non ten decidido cando concretará a súa petición de baixa no PSOE nin a súa dimisión como concelleiro.
Durante a entrevista no programa radiofónico “A Mariña na Onda”, que dirixe e presenta Beni Mántaras, Cancio dixo tamén que quere seguir traballando para o pobo de Foz e non descartou encabezar unha candidatura independente para as eleccións municipais de maio de 2011, aínda que tampouco o confirmou.
Cancio foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura e Turismo en Foz até hai un ano, cando foi cesado de todos os seus cargos no goberno municipal polo rexedor local, José María García Rivera, tamén do PSOE.
Desde entón Jaime Cancio seguiu como concelleiro socialista pero á marxe dos demais edís do PSOE en Foz. Nos últimos meses criticou con dureza en varias ocasións ao alcalde e aos responsables locais do partido.

Exit mobile version