Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo homenaxea aos catro traballadores que se xubilaron no 2010

Nota de prensa:
O CONCELLO HOMENAXEA AOS 4 TRABALLADORES MUNICIPAIS QUE SE XUBILARON NO 2010 APROVEITANDO A TRADICIONAL PINCHADA DE FIN DE ANO QUE CELEBRA A PLANTILLA LABORAL DO CONSISTORIO

Cervo, 30 de decembro 2010.- Hoxe ás tres da tarde tivo lugar o acto de homenaxe aos 4 traballadores do Concello de Cervo que se xubilaron ao longo do presente ano 2010. Como xa ven sendo habitual, o acto fíxose aproveitando a pinchada que celebra anualmente a plantilla de traballadores do Concello para festexar o aninovo.

Os traballadores agasallados pola súa xubilación foron Plácido Otero, Pilar Iglesias, José Villarquide e José Lestegás. Todos eles recibiron de mans do alcalde, Alfonso Villares, unha figura institucional do Concello. Así mesmo, tamén se lle fixo entrega dunha figura institucional a Avelina Fernández, traballadora municipal que se xubilou o pasado ano, pero que naquel momento non puido recoller o seu agasallo.

Durante o acto, o alcalde, Alfonso Villares, tivo palabras de eloxio para os cinco homenaxeados e encomiou a súa labor e entrega durante os moitos anos nos que formaron parte da plantilla do Concello de Cervo.

Unha vez rematados os actos, a totalidade da plantilla municipal celebrou o remate do 2010 cunha pinchada que tivo lugar nas instalacións do Club Deportivo Río Cobo. No acto estiveron presentes ademais do alcalde varios concelleiros do Grupo de Goberno e tamén do Grupo Socialista.

Exit mobile version