Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz inicia as actividades de Nadal cunha videoconferencia con Papá Noël

Está chegando o Nadal e o Concello de Foz inicia as súas actividades deste tempo cun acto para os/as máis pequerrechos. O xoves, 16 de decembro, ás 11h. no Telecentro da Casa da Xuventude, alumnos e alumnas de Infantil do CEIP O Cantel vivirán unha grande experiencia ao poder participar dunha videoconferencia con Papá Noël, que se atopa en Laponia ultimando os últimos detalles antes de emprender o seu traballo por todo o mundo, repartindo agasallos a todos os nenos e nenas.  O alumnado de Infantil do CEIP O Cantel poderá charlar con Papá Noël e comentarlle os agasallos que prefiren recibir este Nadal. De seguro que será un día que lembrarán todos/as eles/as.

Exit mobile version