Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz programou Tardes de Nadal con obradoiros e unha viaxe a XuvenLugo

O Concello de Foz programou Tardes de Nadal con obradoiros e unha viaxe a XuvenLugo

Nota de prensa

E para o Nadal a Delegación de Xuventude ten preparadas actividades que farán as delicias de todos/as:

·         Tardes de Nadal: obradoiros de manualidades, maquillaxe, xogos, … para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Celebraranse os días: 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 5 de xaneiro.

Para inscribirse tan só deben pasar pola Casa da Xuventude ou chamar ao tlf. 982 13 30 37. As prazas son limitadas.

·         Viaxe a Xuvenlugo: o vindeiro 4 de xaneiro realizaremos unha viaxe a Xuvenlugo, onde os nenos e nenas poderán disfrutar das atraccións de feira, karts, pista de slot, obradoiros,…

Tan só deben ter máis de 4 anos. O prezo é de 4€. Inscrición na Casa da Xuventude ou chamando ao tlf. 982 13 30 37 antes do 30 de decembro.

Exit mobile version