Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que “deprime que o alcalde só inclúa dous asuntos no pleno a cinco meses das eleccións”

Nota de prensa

O GMPP burelés: “deprime que o alcalde só inclúa dous asuntos no pleno a cinco meses das eleccións”.

Aseguran que será o PP quen leve ó pleno asuntos que afectan realmente ós cidadáns.

Acusan ó alcalde e ó bigoberno de falla de traballo e ausencia de proxectos.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela vese na obriga de lamentar, unha vez máis, a máis absoluta falla de iniciativa do alcalde e do bigoberno local, á vista da orde do día do pleno que se celebrará o próximo xoves.

Resulta deprimente que o alcalde só inclúa dous puntos da súa colleita na orde do día, incluir o Camiño do Tallo no rueiro municipal e poñerlle o nome da Confraría á praza do Concello. E van a pleno porque hai dous escritos en ámbolos dous sentidos. Se esto é todo o que tén o alcalde a cinco meses das eleccións para o pleno municipal, e á vista dos plenos que se teñen celebrado nos últimos tres anos e medio, estamos ante un alcalde sen ideas, sen proxecto e sen capacidade de movemento. Un alcalde e un bigoberno, en definitiva, que se presentan agotados, dado que en tres anos e medio non foron capaces de levar ó pleno do concello ningún asunto de relevancia.

Para tratar eses temas, sería millor non celebrar o pleno, o que eso suporía un aforro aproximado de mil euros. E eso porque os asuntos que leva o alcalde ó pleno poden agardar tranquilamente un mes ou dous.

Ademais, a estas alturas de ano deberíamos estar aprobando os presupostos municipais para 2011. Pero un ano máis serán presentados fóra de prazo e sen ningunha explicación por parte do alcalde, o que demostra a total ausencia de traballo por parte do alcalde de todos e cada un dos concelleiros do bigoberno.

Pola contra, un pleno máis, e vén sendo así desde as eleccións de maio de 2007, será o PP quen leve ó pleno temas que lles afectan ós cidadáns en conxunto, neste caso negativamente, como a subida da luz, ou que afectan a empresas cun bó número de traballadores residentes no noso concello, como é a problemática de Sargadelos. Neste último caso, resulta sospeitoso que PSOE e BNG se interesaran hai anos polos rumores que apuntaban a que determinada empresa se iría de Burela, algo que semella que agora si pode facer ante a pasividade do alcalde e do BNG, pero para nada se teñen preocupado pola situación de Sargadelos, a pesares de que moitos dos traballadores e traballadoras desta empresa residen en Burela.

En definitiva, estamos ante unha situación política de absoluta inoperancia e falla de traballo, de ignorar os temas que máis afectan ós cidadáns, continuación do que levamos vivindo desde hai tres anos e medio, e que nos permiten asegurar que nada se vai mover nos meses que quedan hasta as eleccións.

Exit mobile version