Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que non está de acordo coa suba da luz do goberno do Estado

Nota de prensa:
Censuran a falta de sensibilidade de Jose Luis Rodríguez Zapatero e a súa obsesión por facer pagar á cidadanía a súa mala xestión económica e enerxética
OS POPULARES FANSE ECO DO CRECENTE MALESTAR ENTRE FAMILIAS E COMERCIANTES DA MARIÑA POLO TARIFAZO DO GOBERNO CENTRAL NO RECIBO DA LUZ

* O incremento no prezo deste servizo básico suporá entre 79 e 240 euros máis nas facturas mensuais, ao que hai que engadir a subida do IVE –imposta no pasado verán- o incremento no recibo do gas,

A Mariña, 29 de decembro de 2010.- O Partido Popular vén de facerse eco do crecente malestar entre familias e comerciantes da Mariña lucense polo tarifazo imposto desde o Goberno socialista central no recibo da luz que, segundo as primeiras estimacións, suporá un incremento no prezo deste servizo básico de entre 79 e 240 euros máis ao ano nas facturas que teñen que abonar familias e comerciantes.

A decisión do Executivo de Zapatero de subir o recibo da luz un 9,8% -o incremento máis salientable desde mediados dos anos 80- supón un durísimo golpe para as economías de moitas familias e pequenas empresas xa de por si afectadas pola persistente crise económica. Á errada decisión adoptada no día de onte polo Goberno socialista hai que engadir os efectos perniciosos doutras decisións como foi a suba do IVE –imposta polo Executivo central o pasado verán- ou o incremento doutros servizos básicos como o gas, as gasolinas e outros combustibles de uso habitual.

As primeiras estimacións das asociacións de consumidores indican que, tras a revisión de xaneiro, un usuario medio –cunha potencia contratada de 4,4 kilovatios y un consumo mensual de 240 kilovatios- vería soportando un aumento de 220 euros ao ano na súa factura desde mediados de 2007. Esta cantidade que sería podería chegar ata os 240 euros/ano en negocios ligados a actividades industriais tales como talleres, reparación de electrodomésticos, etcétera.

Os populares botan en cara ao Presidente do Goberno, Jose Luís Rodríguez Zapatero, que siga empeñado en facer pagar aos cidadáns a súa mala xestións da política económica e enerxética, así como tamén a súa insensibilidade fronte a situación de afogo que están a sufrir moitas familias, comerciantes, pequenas empresas e autónomos. O que os socialistas están a ocultar e que con esta decisión España se está a colocar entre os dez países europeos cunha tarifa eléctrica máis cara, o que non ten relación nin coa actividade económica, nin co volume de salarios deste país.

Exit mobile version