Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP difunde datos porcentuais de consultas do Hospital da Costa e di que dan máis altas polas mañas que polas tardes

Nota de prensa

Os datos oficiais tiran por terra as afirmacións de Manuel Vázquez, líder dos socialistas galegos, que aseguraba que os médicos que traballaban pola tarde, ampliando voluntariamente o seu horario laboral, daban altas por interese económico

BALSEIRO DA A COÑECER QUE A PORCENTAXE DE ALTAS HOSPITALARIAS NAS CONSULTAS EN HORARIO DE MAÑÁ SON  MOITO MAIORES ÁS REXISTRADAS EN HORARIO DE TARDE

* No primeiro semestre de cada 100 pacientes que acudiron á súa consulta en horario de mañá 67 foron dados de alta. Pola tarde o número de altas descendeu a 59 de cada 100. Tamén no segundo semestre as altas na xornada de mañá foron de71 de cada 100 e pola tarde descenderon a 65 de cada 100.

* O deputado popular empraza á o secretario xeral socialista a rectificar de inmediato e volve a reclamar que cese na súa pretensión de poñer en dúbida a profesionalidade e honorabilidade dos profesionais sanitarios do Hospital da Costa

Santiago, 1 de decembro de 2010.- De ser certas as acusacións feitas polo líder dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, nas que asegurou que os doutores do Hospital da Costa que voluntariamente deciden prolongar a súa actividade laboral ordinaria de mañá para atender consultas en actividade extraordinaria de tarde dan altas aos seus pacientes seguindo intereses económicos e non médicos, o lóxico sería concluír que estes doutores darían moitas máis altas cando atenden en actividade extraordinaria de tarde que cando o fan en actividade ordinaria de mañá. Pois ben, esta premisa non se cumpre, segundo deu a coñecer hoxe Jose Manuel Balseiro citando datos oficiais. O deputado popular asegura que a porcentaxe de altas hospitalarias nas consultas dos especialistas en horario de mañá (xornada ordinaria) é moito maior que ás rexistradas en horario de tarde (xornada extraordinaria).

Os datos facilitados non deixan espazo para a dúbida e botan por terra a grave acusación feita polo PSOE. Mentres que durante o primeiro semestre de cada 100 persoas que tiñan consulta co especialista pola mañá 67 obtiveron a súa alta, este número redúcese a 59 de cada 100 se a consulta foi en horario de tarde. Esta tendencia mantense se empregamos os datos do segundo semestre. De cada 100 doentes que acudiron á consulta en horario de mañá 71 foron dados de alta. Mentres que pola tarde tan só obtiveron a súa alta 65 de cada 100 doentes atendidos.

A luz da contundencia dos datos explicados, Jose Manuel Balseiro emprazou ao secretario xeral socialista a deixar de xustificar o inxustificable e rectificar de inmediato. Tamén pediulle que, aínda que sexa por respecto á súa antiga profesión de médico, cese na súa pretensión de poñer en dúbida a profesionalidade e honorabilidade dos profesionais sanitarios do Hospital da  Costa. Balseiro quixo insistir nunha mensaxe de tranquilidade dirixida á opinión pública en xeral. “No Hospital da Costa ofrécese a mellor atención sanitaria posible e sempre atendendo a criterios médicos, con totais garantías, sempre pensando no mellor para o paciente.

DISTINTOS PROCESOS  NA XORNADA DE  TARDE

Balseiro explicou tamén que dentro do  programa de autoconcertación (que é como se denomina tecnicamente á xornada extraordinaria de tarde, isto é, a aquela na que os médicos deciden voluntariamente prolongar a súa actividade laboral polas tardes para atender a doentes e reducir o tempo de espera) existen dous tipos de procesos diferentes: os de resolución rápida e os procesos de consulta.

Os de resolución rápida contemplan o proceso completo necesario para resolver os problemas de  saúde dos doentes, mediante a historia clínica, exploración física e probas complementarias e diagnósticas que sexan precisas para establecer un diagnóstico e un tratamento nun mesmo acto clínico, evitando deste xeito desprazamentos ou citas posteriores innecesarias. O paciente é atendido de xeito máis rápido, máis eficiente, e o seguimento se efectúa despois polo médico de cabeceira.

No caso dos procesos de consulta: que son secuencias de consultas efectuadas a un paciente por problemas de saúde e a de revisión de resultados e seguimentos necesarios para establecer un diagnóstico e un tratamento.

Balseiro asegurou que pensando no benestar do paciente é moito mellor que os médicos poidan resolver a súa enfermidade e dar o tratamento no menor tempo posible e sen necesidade de reiteradas consultas que o que fan é trasladar no tempo a resolución definitiva do seu problema de saúde. Polo tanto é lóxico que sexa mellor un proceso de resolución rápida que o de consulta. En todo caso o médico de antemán, “salvo que sexa Deus ou teña inspiración divina”, non pode saber se a doenza do paciente pode ser atendida e diagnosticada nun proceso de consulta ou nun proceso de resolución rápida. Esta decisión dependerá exclusivamente do análise de cuestións médicas -que nada teñen que ver cos intereses económicos dos que falaban no PSOE- que mesturan conceptos nun estéril intento de xerar polémicas sen ningún fundamento e o único que fan é poñer en cuestión a ética e profesionalidade do acto médico.

Exit mobile version