Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo pídelle ao PP que interceda para a readmisión dos despedidos de Sargadelos

Nota de prensa:

O PP de Cervo pretende crear unha cortina de fume para non afrontar a reincorporación das oito persoas despedidas
DENDE O GMS ESIXIMOSLLE QUE INTERCEDA E SE READMITAN AS PERSOAS AFECTADAS POLO ERE DE EXTINCIÓN

CERVO, 13 DE DECEMBRO. Dende o GMS non entendemos a actitude que esta a ter o PP de Cervo sobre todo na persoa do Alcalde o Sr. Villares e o Parlamentario Jose Manuel Balseiro, con esta teima de intentar mentir aos veciños e sobor de todo as persoas afectadas polo ERE que a día de hoxe están despedidas.

O PP de Cervo trata de evadir responsabilidades e non facer o que lle compete que é esixir a empresa que readmita as oito persoas despedidas, dado que dende a Consellería de Economía e Facenda vaise a aportar un millón de Euros para intentar impulsar a Cerámica de Sargadelos, cuestión que non parece moi positiva, por iso non se pode permitir que se excluía a ningunha persoa.

Clara discriminación para os traballadores despedidos

¿Como dende o PP poden estar a falar de acollerse a prexubilacións, cando para poder prexubilarse hai que estar en activo? caso que non se da nos traballadores despedidos.

¿Como se pode facer alusións a unha orde do ministerio de Traballo do 5 de abril do 1995 na cal non se adapta a situación de Sargadelos? e no mellor dos casos quen ten que solicitar as prexubilacións tal e como indica a orde e a empresa e/ou os traballadores (condición que non se da dado que están despedidos).

A día de hoxe non hai ningunha solicitude feita nin por parte da empresa nin por parte dos traballadores e estas axudas non veñen de oficio tal e como señala o artigo dous da orde.

¿Se queren facer demagoxia porque non fan alusión tamén a orde da Consellería de Traballo do 7 de xuño do 2010 na que se convocan axudas para expedientes de regulación de emprego?

¿Será que ao Sr. Villares e a Sr. Balseiro o único que lles preoupa e saír airosos da situación sen preocuparlles realmente o futuro da empresa e dos seus traballadores?

Dende o GMS non entendemos esta negativa por parte do PP de interceder polas oito persoas despedidas que están claramente discriminadas e na súa condición de parados non poderían acceder as xa manidadas prexubilacións.

Polo tanto lle esiximos que antes da firma do convenio se readmitan as persoas en cuestión e que coma o resto dos traballadores teñan o mesmo dereito de acollerse ao ERE de redución e estean en igualdade de condicións co resto do persoal da empresa.

De non facelo o PP e cómplice dunha inxustiza e clara discriminación entre traballadores.

Exit mobile version