Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe a reposición inmediata da delegación da TVG na Mariña lucense

Nota de prensa:

REGO ESIXE A REPOSICIÓN INMEDIATA DA DELEGACIÓN DA TVG NA MARIÑA LUCENSE

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego asevera que esta decisión “adoptada polos dirixentes da compañía da RTVG, dependentes directamente do Presidente da Xunta, so se pode entenderse dende o desprezo que algúns dirixentes do PP amosan polos dereitos dos cidadáns da Mariña”, insistiu Rego

– Pregunta como é posible que unha televisión que conta cunha plantilla de mais de dous mil traballadores teña que deixar desatendida a unha comarca de mais de oitenta mil habitantes

Santiago de Compostela , 3 de decembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego esixe a reposición inmediata da Delegación da TVG na mariña lucense. Anunciou que rexistrara diversas iniciativas na Cámara Autonómica para reclamar este servicio.

O deputado socialista considera inadmisible que unha das comarcas mais dinámicas e activas de Galicia “quede sen presencia dun servicio de comunicación publico”, que lembra “financiamos todos cos nosos impostos”, nunha cantidade que supera anualmente os 120 millóns de euros.

Asevera que esta decisión “adoptada polos dirixentes da compañía da RTVG, dependentes directamente do Presidente da Xunta, so se pode entenderse dende o desprezo que algúns dirixentes do PP amosan polos dereitos dos cidadáns da Mariña”, insistiu Rego.

Rego di que o Goberno de Feijoo debe responder sobre as verdadeiras motivacións para a supresión dun servicio que veu funcionando de hai mais de dúas décadas na comarca. E pregunta como é posible que unha televisión que conta cunha plantilla de mais de dous mil traballadores teña que deixar desatendida a unha comarca de mais de oitenta mil habitantes.

Exit mobile version