Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pide “por enésima vez” que o alcalde de Cervo “se poña a traballar e a atender o concello”

Nota de prensa

O SR.Villares: O ALCADE QUE AGARDA A QUE LLE TRAIGAN AS SOLUCIÓNS DAS NECESIDADES DO CONCELLO AO DESPACHO
O GMS LLE PIDE POR ENESIMA VEZ AO SR. VILLARES QUE SE POÑA A TRABALLAR E A ATENDER O CONCELLO

CERVO, 18 DE DECEMBRO. O Sr. Alcalde de Cervo aproveita unha visita dos técnicos de Fomento á obra que se está a executar dende dito  Ministerio na ponte de Figuerido, para solicitar unha reenvidicación feita por uns veciños dende fai moito tempo, según as súas propias declaracións.

Vaia por diante que é a súa obligación atender e velar por todas as actuacións que se faigan no Concello. O que se lle critica é esa falla de traballo que ó final se traduce nunha ineptitude a que nos ten acostumados, xa que si os veciños lle transladaron fai tempo esa necesidade, él non soupo dar resposta ás demandas dos mesmos, e pola contra espera unha visita duns técnicos para facerllo chegar cando xa están actuando por iniciativa do propio Ministerio.

O mais lamentable é que nas competencias municipais ocorre o mesmo, non se molesta en atender as necesidades do Concello e ten todo o municipio abandoado como ocorre por exemplo no Burgo da Senra, concretamente nos lugares de Sacido, o Torrollón, os Curras, que presentan un estado lamentable dende anos, e non será por as veces que os veciños lle transladaron ao Sr. Alcalde en reiteradas ocasións o descontento polo mal estado que presentaban estes viais municipais.

Igualmente esta a suceder no lugar das Quintas, xa que o  estado no que se atopan as estradas e deplorable, pero parece ser que ao máximo mandatario deste Concello o que realmente lle atañe a suas propias competencias parece non importarlle moito.

Neste caso ten que ser por propia iniciativa, asi que dende o GMS lle pedimos e novamente lle esiximos que se poña a traballar e arranxe estes viais do Burgo da Senra así como nas Quintas, que non se preoucupa nin o maís mínimo en atender as necesidades do Concello e polo tanto as necesidades dos seus veciños.

Exit mobile version