Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres comeza a mostra artística FOZ-arte2010, enmarcada na música e na escena

Nota de prensa:

O vindeiro venres, dia 10 de Decembro, ás 8 da tarde , con entrada gratuita na Sala Bahía de Foz dará comezo FOZ-arte2010, unha mostra artística que ten por obxetivo fundamental abrir portas á creatividade e dar a oportunidade a calquera persona disposta a subirse a un escenario. Os traballos que se van a presentar nesta primeira edición enmarcanse principalmente nos ámbitos da música e da escena. No aspecto musical rindese homenaxe ós cantores de taberna da Mariña, un arte en vías de extinción que estará representado por cantores de Foz, Cervo e Viveiro, acompañados instrumentalmente por grandes mestres e na promoción de cantautores mariñáns representados por Tono Alonso e Antón Crego. A parte dramática corre a cargo de actores dos grupos A Adala de Fazouro, Raiolas de Alfoz, O Batán de Cangas, Ardora de San Ciprián e O Bordelo de Cervo. Completan o programa a maxia do mago Joge, dramatizacións poéticas, monólogos e outras variadas actuacións.
Patrocina e promove o evento o Concello de Foz a través da súa área de cultura coa coordinación de Francisco Piñeiro.

Exit mobile version